quarta-feira, 30 de janeiro de 2013

Pleno respaldo as victimas da estafa bancaria.

ACTO EN LA CORUÑA POR LOS AFECTADOS



Desde la Plataforma de Afectados de Preferentes y Subordinadas de A Coruña y Comarca invitamos a todos los gobiernos locales, a todas las fuerzas politicas, organizaciones sindicales, Federación de asociaciones de vecinos de A Coruña y Area Metropolitana y todo tipo de asociaciones vecinales y culturales a darnos su apoyo público :

ACTO DE APOYO A VICTIMAS DE PREFERENTES Y SUBORDINADAS - SALON DE ACTOS DEL EDIFICIO SINDICAL (Avd. De la Vedra, al lado de Seat) - MARTES 29 DE ENERO A LAS 18 HORAS.

Sabemos la sensibilidad y el apoyo que todos Uds, vienen prestando a nuestro colectivo, donde miles de ciudadanos han sido vilmente engañados con un producto de alto riesgo con el unico fin de capitalizar las Cajas. Que por otro lado estaban siendo esquilmadas por sus directivos.

Ahora en estos momentos tan cruciales para muchos de nosotros, tras el anuncio del Ministro de Economia de que vamos a recibir una EXPROPIACION "QUITA" que en muchos casos puede llegar hasta el 50% de nuestros ahorros, solicitamos de nuevo su apoyo que esta vez creemos podria realizarse de forma conjunta en este acto.
 
 
 
Tambien está próxima una manifestación en Santiago de Compostela el próximo dia 2 de febrero con salida de la Alameda a las 11.30, en la cual les invitamos a participar. Agradeciéndoles anticipadamente su asistencia, les saluda atentamente,
Ana Maria Cedeira Zas,
Portavoz de la Plataforma

terça-feira, 29 de janeiro de 2013

A Loita continua !


Hoxe ás 19:30 h. concentración cidadan diante da Asociación de veciños de Atochas Monte Alto Torre de Hercules en defensa dos servizos de bibilioteca, lectura de prensa e aula informatica.
Estes servizos conqueridos ao longo de decadas de loita veciñal, supoñen un patrimonio do barrio de Monte Alto e de toda A Coruña.

Participa levando un libro !

quarta-feira, 23 de janeiro de 2013

Recortes no Centro de Orientacion Familiar do Ventorrillo.

 
 
 
nos quedamos sin centro de orientación familiar........... hoxe acude

Divulguen!!!!

A Xunta de Galicia non prevee cubrir a plaza do xinecólogo do Centro de Orientación Familiar (COF) do barrio do Ventorrillo. Isto levará á saturación do COF do barrio de monte alto, con dos especialistas para 152.000 persoas.

Están a xogar coa calidade de vida e a saúde de miles de mulleres dos Concellos de A Coruña, Oleiros, Sada, Cambre e Carral.

VENTE O XOVES 24 de XANEIRO ás 20h30 ao CS Gomes Gaioso, Rua Marconi, 9 rés-do-chao [Atochas-Monte Alto] Corunha

Reunirémonos para saber mais detalles da situación e entre todas acordar as accións a tomar para defender o noso dereito á saúde.

mais info: http://www.eldiario.es/galicia/consulta-ginecologia-mujeres_0_81542440.html


"Además de la evidente "pérdida de personal con más de treinta años de experiencia" este posible cierre, alertan desde el COF del Ventorrilo, daría lugar a la total saturación del otro centro, el de Orillamar, que tiene asignados los ayuntamientos de A Coruña, Oleiros, Sada, Cambre y Carral o, lo que es lo mismo, un total de 90.834 mujeres de entre 15 y 54 años, según datos del Instituto Gallego de Estadística. A esta cifra se sumarían las 62.000 mujeres de la misma franja de edad que habitan en los treinta y dos municipios de la provincia que ahora mismo son responsabilidad del Ventorrillo. Así las cosas, más de 152.000 mujeres estarían atendidas por dos profesionales de la ginecología, que tendrían sus respectivos 80.000 potenciales pacientes"

Comunicado de A Coruña en Loita sobre o peche da biblioteca de Monte Alto.


Comunicado.

Diante as noticias do peche da biblioteca de Monte Alto, sede da asociación de veciños, por negar o concello o convenio que permite pagar o salario dunha traballadora a tempo parcial que garante a sua apertura ao publico, A Coruña en Loita manifesta:

1.    A nosa total solidariedade coa Asociación de Veciños das Átochas, Monte, Alto Torre de Hércules, diante da decisión  do concello reaccionario do PP que priva aos veciños e veciñas de Monte Alto dun espazo de lecer e cultura, froito da loita veciñal, democrática e antifascista, por mor de supostos recortes que só amosan o desprezo polo pobo de esta cidade dun goberno municipal reaccionario e burgués.

2.    O noso total rexeitamento desta decisión municipal que supón un grave ataque a un barrio obreiro e traballador como é Atochas Monte Alto.

3.    A nosa disposición para conxuntamente cos veciños e veciñas e súas asociacións dar unha masiva resposta a tal aldraxe do goberno dos “señoritos” de A Coruña.

A Coruña, 22 de xaneiro.

A CORUÑA EN LOITA

 

 

terça-feira, 22 de janeiro de 2013

Renda Basica na Galiza.






Ola vos envio un correio que recibin que solicitan que que demos publicidade. Estan a preparar a presentación en Coruña para o día 25-26 de xaneiro, pero aínda non ten local, están a falar con Nicanor para o propolis.
un saúdo
xulia


Boa tarde compas!

Envíovos esta mensaxe porque xa falara con Iria persoalmente sobre organizar unha actividade en Coruña sobre a Renda Básica, e parecéume que poderiades ter interese en colaborar, ou se cadra, propoñerllo a plataforma Coruña en Loita, que estou a ver que se está a mover moito por ai.

Para poñervos en situación, dicirvos que o 14 de decembro presentamos en Compostela o estudo de viabilidade de implementación da Renda Básica en Galiza. Aquí tedes o link con algunhas das novas de prensa: http://odscoia.arkipelagos.net/content/o-estudo-de-viabilidade-da-rbis-en-galiza-presentado-en-compostela

Daquela acordamos organizar unha 1ª Semana Galega pola RBIs que terá lugar do 25 ao 31 de xaneiro. Xa temos pechadas varias presentacións e actividades en diferentes localidades e gostaríamos de contar co voso apoio para facer algo en Coruña e dese xeito retomar o tema da renda básica aí.

A continuación tedes o calendario coas actividades que xa están pechadas, poderiamos facer algo en Coruña ou ben o venres pola tarde, a ser posible cedo, sobre as 16:30 ou 17:00hs, xa que ese día hai unha charla en Pontevedra e estaría ben poder coordinarnos de tal xeito a facelas seguidas, aínda que tamén poderiamos desdobrarnos. Tamén cabería a posibilidade do sábado 26, no que poderiase facer unha xuntanza pola maña ou pola tarde sobre as 17hs.

Se tedes algunha outra proposta de día, comentádeme por teléfono a ver se podemos coordinar que xa está a axenda moi cargada máis temos moito interese de abrir o debate sobre a Rbis coa xente activista da Coruña.
Aquí vos deixo o meu número, para calquera cuestión non dubidedes en contactarme: 687 368 314.

Apertas,

Mari

Convocatoria do CSOA Palavea.

Asamblea de reestruturación do CSOA Palavea

Despois de máis de un ano de actividades, de loita, e denuncia, o CSOA
Palavea ponse en contacto coa cidade da Coruña convocando unha
xuntanza o vindeiro domingo 20 coa finalidade de reestruturar a
actividade e a xestión do centro social.

Por iso, queremos convocar a tódolos colectivos e individualidades que
formen parte do movemento na Coruña, a esta asamblea; a fin de por en
común todo tipo de propostas que poidan facer que a xestión dos 7000
m² que posúe o espazo se abra a tódolos colectivos e persoas que
desexen levar a cabo calquera actividade aló para poder, deste xeito,
ter presenza e visibilidade dentro da propia cidade.

Con todo isto, queremos chegar ó punto de deslexitimar o concepto de
"propiedade" en prol dun exercicio real e efectivo da colectividade e
da autoxestión; mais isto é imposibel sen a participación de tódalas
persoas políticamente activas desta cidade.

Con ánimos renovados, e con 7000 m² preparados para ser cedidos á
colectividade dos movementos sociais, convidámosvos a vir dende a
mañán ó centro social, xa que haberá xente cociñando e preparando a
actividade da tarde. Alén do xantador, sobre ás 16:30 comezará
formalmente a reunión, á cal agardamos sirva para traer propostas para
o emprego e a xestión do espazo, creando entre todxs un novo comezo.

okupacorunha.wordpress.com

facebook.com/cso.palavea

okupacorunha@gmail.com

A dirección das caixas presionou os seus traballadores para vender preferentes

Redacción | @prazapublica
A dirección das antigas caixas presionou os seus empregados para que comercializasen produtos financeiros como as preferentes, en cuxa estafa están agora atrapados milleiros de galegos que continúan coas protestas día a día. "As persoas que non saiban ou non queiran vender preferentes deberían preguntarse se realmente queren tomar parte da caixa e do seu futuro", pódese ler nun correo electrónico enviado ao cadro de persoal en abril de 2009. Esta é unha das frases coas que os xestores das entidades advertiron os seus traballadores para que accedesen a vender o que se acabarían demostrando como parte dun inmenso engano.
“As preferentes son a nosa empresa; debemos estar totalmente convencidos do que vendemos, senón é que temos dúbidas sobre a nosa empresa"
Así o adiantou esta tarde a emisora galega da Cadena Ser, que tivo acceso a documentación das antigas caixas que acabaron conformando Novagalicia Banco. “As preferentes son a nosa empresa; debemos estar totalmente convencidos do que vendemos, senón é que temos dúbidas sobre a nosa empresa", di outra das aseveracións ás que fai referencia a canle de radio, que destaca ameazas como estas que saían da dirección de Caixa Galicia.
Precisamente, a antiga caixa de aforros con sede na Coruña destacaba nunha desas comunicacións aos seus traballadores que as preferentes tiñan "unha importancia vital" para a empresa porque lle ía achegar á entidade "a solvencia necesaria". Así, e en abril de 2009, a dirección amosa a súa preocupación polo "parón sufrido na contratación" das devanditas preferentes e deciden presionar os directores das sucursais e os empregados para que incrementen as vendas.
Caixa Galicia repartiu un argumentario onde se indicaba que responder ante as dúbidas dos clientes
Ademais, e tal e como destaca a Cadena Ser, nese mesmo ano e con dúbidas xa sobre a solvencia das caixas, a dirección repartiu un argumentario entre o cadro de persoal sobre as participacións preferentes. Incluso se aclaraban as respostas que habería quedar en caso dalgunhas preguntas. Por exemplo, á de por que Caixa Galicia paga un 7,5% de interese debíase responder que "se trata dun produto que premia a fidelidade" dos clientes.
"Por que emite agora a entidade participacións preferentes?". "Porque a caixa se anticipou ao desencadeamento da recesión mundial e non deixou de reforzar a súa solidez". Antes, en documentación oficial de 2003, Caixanova falaba das preferentes como "un produto de gran seguridade e alta rendibilidade". O obxectivo, segundo a entidade con sede en Vigo, é "colocalo en pequenas cantidades a un gran número de aforradores". Malia o "carácter perpetuo" das preferentes, pídenlles aos directores que digan aos clientes que poden recuperalo nun prazo de 15 días a través dun mercado secundario habilitado pola caixa para facer a devolución efectiva.

quinta-feira, 17 de janeiro de 2013

TODOS E TODAS SOMOS LAURA !

Laura Bugalho rexeita a oferta da Fiscalía de 'xuízo rápido' e redución dun terzo na petición de pena



Despois de case catro anos de espera, a Fiscalía vén de propoñerlle a Laura Bugalho a celebración dun xuízo rápido e unha redución dun terzo na petición de pena. Porén, a activista rexeitou por completo esta oferta e afirmou que non aceptará pena ningunha. É o novo capítulo nun caso inzado de sombras e de irregularidades, ás que este mércores na vista oral se uniu o feito de que a acusación non se persoo nos xulgados de Compostela.
Este proceso aberto contra Laura Bugalho, que probablemente celebrará en maio o seu xuízo, continúa camiñando en paralelo co xuízo contra os responsables da trama de estafa a inmigrantes destapada grazas á propia Bugalho na Operación Peregrino e cuxo proceso aínda non se resolveu. Neste caso están implicadas "persoas con moito poder", denuncia.
Pouco despois das nove da mañá Laura Bugalho chegou aos xulgados de Compostela e alí atopou o alento de ducias de persoas que se achegaran para manifestarlle a súa solidariedade e apoio. Un grupo moi numeroso que se foi incrementando ao longo da mañá, nas case tres horas que durou a declaración de Bugalho ante a xuíza Ana López-Suevos. No transcurso desta concentración os representantes do Foro Galego de Inmigración leron un comunicado de apoio que alerta da "criminalización de la población inmigrante" e da "persecución sistemática cara a este colectivo en Galicia".
Manifestouse "aliviada" pola próxima resolución do proceso. "Pero máis aliviada estaría -dixo- se xa se resolvera o proceso da Operación Peregrino"
Laura Bugalho considera "unha brincadeira macabra" a oferta de xuízo rápido "despois de catro anos" e adiantou que non vai aceptar pena ningunha. Acusada de falsidade documental continuada no seu labor de axuda a persoas migrantes, afirmou estar "tranquila" porque "os documentos que son feitos por min son feitos son meus e os que non, non teñen relación comigo". Repetiu as acusacións de que detrás desta ofensiva da Físcalía está o interese da Policía Nacional e manifestouse "aliviada" pola próxima resolución do proceso". "Pero máis aliviada estaría -dixo- se xa se resolvera o proceso da Operación Peregrino", engadiu. Concluíu que os supuestos causantes da súa imputación "van ter unha condena: a condena social xa está nas rúas, espero que chegue canto antes a condena xudicial".
En maio resolverase este xuízo no que segue sen concretarse a pena que a acusación pide para ela, que podería chegar aos seis anos
Confesou que "foi moi emocionante" atopar nos corredores do xulgado algunhas das persoas migrantes ás que ela axudou e que tamén están imputadas nesta acusación e lembrou que "non teñen nada contra eles" pero que "unha persoa que recoñeceu que eu non fora xa foi expulsado. Unha pasada". En maio resolverase este xuízo no que Laura Bugalho está unicamente imputada de momento, pois a acusación segue sen concretar a pena que pide para

sexta-feira, 11 de janeiro de 2013

DESCONSENDO NAS REBAIXAS! 1ª acción Boikot Inditex


A SÚA FORTUNA É A NOSA MISERIA!

Fart@s de que o Grupo Inditex sexa considerado polos medios e os gobernos galego e español coma exemplo de triunfo e desenvolvemento empresarial, distintos colectivos e persoas da Coruña e área metropolitana levaremos a cabo o vindeiro 12 de xaneiro o a nosa primeira acción reivindicativa: DESCOSENDO NAS REBAIXAS!

En contra do que os medios queren facernos crer, Inditex non deixa de ser un dos maiores exemplos de salvaxismo capitalista no que a economía, en lugar de estar a...o servizo do ben común de todas e todos, explota ás persoas e á natureza tratándoas comas simples materias primas das que obter os maiores beneficios para unha minoría que cada día ten máis.

Por iso, queremos invitarvos a que veñades con nós á presentación da nosa campaña de boikote e esixirlle ó Grupo Inditex que cese nas súas prácticas de explotación que somentes lles dan proveito aos seus diretivos a costa do traballo do pobo.


Concentracións nas cidades galegas o día 17, ás 19:00 horas, contra os recortes laborais e o deterioro dos servizos públicos

Convocan as organizacións sindicais con representación no sector público
As organizacións sindicais con representación no sector público, CIG, CCOO, UGT, CSI·F, CESM, OMEGA, SATSE, USAE, STEG, ANPE, USO, USTG, CGT, STAJ, SIAT e ACAIP, que integran a PLataforma en Defensa dos Servizos Públicos, convocan para o vindeiro xoves, día 17 de xaneiro, ás 19:00 horas, concentracións en todas as cidades galegas contra as medidas que vén de aprobar a Xunta de Galiza que empeoran as condicións laborais e salariais das empregadas e empregados públicos e deterioran, aínda máis, os servizos públicos.
11-12-21 area publica 3
As concentracións previstas son:
o A Coruña: Delegación do Goberno.
o Santiago: Praza do Toral
o Ferrol: Praza de España.
o Pontevedra: Subdelegación do Goberno.
o Vigo: Museo MARCO
o Ourense: Subdelegación do Goberno.
o Lugo: Subdelegación do Goberno.

MANIFESTO
As OOSS con representación no Sector Público autonómico rexeitan as medidas do Goberno
Dende o inicio da crise económica, no ano 2009, os Servizos Públicos e empregados/as Públicos, vivimos un permanente acoso que pretende a fin do Estado de Benestar que construímos con permanentes loitas e conquistas que fomos conseguindo ao longo de moitos anos.
Esta agresión que os empregados/as públicos sufrimos pódese resumir nun case estado de excepción, no que se nos nega a negociación das relacións laborais sendo sometidos a un agresivo frenesí normativo que dita por decreto as nosas condicións de traballo, reducindo progresivamente os dereitos adquiridos ao longo de décadas. A salientar:
1º.Rebaixa salarial anual nunha media do 5%, en determinadas categorías de ata o 9%, no 2010 (RD Lei 8/2010), cun IPC do 2,9%. Ao tempo utilizábase como coartada que a porcentaxe de empregados/as públicos, dun 9,5%, era elevada obviando que a media da UE era do 16%, cun altísimo crecemento do emprego público dun 1% na última década, para unha poboación que medraba en 6 millóns de persoas. Tamén se esquecen que somos o país da UE que en termos porcentuais menos investimento efectúa no emprego público tal e como reflicte o elevado número de traballadores e traballadoras que son mileuristas.
2º.Conxelación salarial no 2011, que levou aparellada a conxelación de Ofertas de Emprego Público (Lei 39/2010, de Orzamentos Xerais do Estado), cun IPC do 2,4%.
3º.Supresión de dereitos e acordos sobre Xornada laboral (RDL 20/2011), e outros dereitos conseguidos.
4º.Ampliación da xornada mínima nas administracións, (Lei 2/2012, de Orzamentos Xerais do Estado), nova conxelación salarial, mantendo pagas extraordinarias reducidas e abundando na imposibilidade de incrementar as taxas normais de reposición de efectivos.
5º.Reforma Laboral, RD Lei 3/2012, que introduce o despedimento colectivo e individual do persoal laboral do sector público, por causas económicas, técnicas e organizativas. Expedientes que soamente poden ser de extinción de posto de traballo, non de redución de xornada ou suspensión temporal de contrato.
6º.Supresión de días adicionais de vacacións. Reducen os días de asuntos propios (APs) que pasan a ser unicamente 3 ao ano. Supresión da paga extraordinaria do Nadal (o que significa un 7% de redución salarial anual). Supresión dos acordos e pactos de dereitos sindicais. Anúlase a posibilidade de xubilación parcial dos funcionarios, así como as melloras económicas en IT, RD Lei 20/2012, e Lei 1/2012 Galicia.
Como novo ataque aos empregados/as públicos elabórase un anteproxecto de Lei que reduce o salario nunha media dun 4% para o ano 2013, en determinadas categorias de ata o 6%, minorando as pagas extraordinarias arredor dun 40%.
Por iso, dicimos basta, xa abonda, e rexeitamos esta nova medida en contra dos empregados/as públicos de Galicia, que sumará unha perda en tres anos de máis do 20% de salario, e convocamos mobilizacións que terán, como primeira medida, concentracións nas sete comarcas o día 17 de xaneiro as 19:00 horas.
Asinado por:
CIG; CCOO; UGT; CSI·F; CESM; OMEGA; SATSE; USAE; STEG; ANPE; USO; USTG; CGT; STAJ; SIAT; ACAIP.

ABAIXO OS BANCODELINCUENTES !



 

Á plataforma de afectados polas preferentes de A Coruña e comarca xunto a Stop Deshaucios amosaron  unha vez mais seu rexeitamento as medidas do goberno e de Bruselas.
Perto de un centenar de manifestantes bloquearon os accesos a la oficina principal de NG Banco.
A Coruña en Loita respalda estas xustas movilizacións e fai un chamado ao pobo da Coruña para apoiarlas.


sábado, 5 de janeiro de 2013

Protesta das traballadoras e traballadores do grupo VIPS


Hoxe das 13:00 h. ata ás 15:00 h. un piquete de traballadoras e traballadores do VIPS do CC Os Cantons village amosaron publicamente seu descontento coa practica empresarial do grupo da familia Arango e dos bancodelincuentes yankees de Golman Sachs.
CIG-servicios denuncia un acordo laboral asinado en Madrid no que precarizase ainda mais ás condicions de traballo dunha empresa que presentase coa imaxe de un grupo xoven de 9500 traballadoras e traballadoras que según sua web "son unhos dos factores fundamentais da empresa".
Pois ben, a realidade de explotación desta empresa, do antigo Presidente dos Premios Principe de Asturias, é tal que pretende, entre outras, rebaixar o salario ata un 25% coa conxelación do mesmo ata o 2015 ou elminar o 100% das baixas por I.T..... e sinon pechar.
Dende A Coruña en Loita amosamos a nosa solidariedade coa loita destas traballadoras e traballadores da nosa cidade contra explotadores coma a multinacional VIPS.

sexta-feira, 4 de janeiro de 2013

CORCOESTO: Unha agresión imperialista.

A Comisión Europea non foi informada do proxecto mineiro de Corcoesto

Redacción | @prazapublica

A Comisión Europea, a través do responsable de Medio Ambiente da UE, o comisario Janez Potocnik, vén de comunicarlle ao BNG que o Executivo comunitario “non foi informado” de ningún proxecto para a posta en marcha dunha mina en Corcoesto a cargo dunha multinacional canadiana. Na súa resposta á pregunta da eurodeputada Ana Miranda a Comisión fai unha detallada enumeración da lexislación europea que debe cumprir calquera tipo de proxecto de instalación mineira, como a Directiva sobre avalición de impacto ambiental, a Directiva de avalición medioambiental estratéxica e a Directiva sobre residuos da minería, lembrando ademais que o Estado español ten catalogado o cianuro como “contaminante específico” conforme a Directiva marco sobre auga con indicacións específicas para as augas superficiais.
En relación a falla de transparencia e de información pública que denuncian os veciños da zona que se vería afectada de saír adiante o proxecto, a Comisión Europea é contundente cando afirma que tanto a Directiva sobre residuos da minería como a Directiva marco sobre auga “inclúen claras esixencias en materia de participación pública e transparencia”, polas que tamén vela o propio Executivo da UE.

PIKACHU, AQUI, PIKACHU, ALI. OURENSE, LUGO, SANTIAGO......