domingo, 28 de abril de 2013

FORA HIDRALIA DE BARILLAS !

Lideresas indíxenas guatemaltecas denuncian na Galiza a violación de dereitos humanos perpetrada pola empresa galega Hidralia Energía


ACCIÓNS DE DENUNCIA PROGRAMADAS NA CORUÑA
Martes 30 de abril
12:00hrs.
Praza da Palloza: baixo o lema “Hidralia: Cantas mulleres precisan violar para producir luz?”, acto de denuncia da vulneración dos dereitos humanos que está a practicar Hidralia Energía en Guatemala.
12:45hrs.
Concentración e rolda de prensa na sede administrativa de Hidralia Energía (Av. del Ejército, nº10).
19:30hrs.
Casa Museo Casares Quiroga (rúa Panadeiras, s/n): coloquio con Natalia Atz Sunuc e Paula Irene del Cid Vargas (Guatemala) e afectadas pola mina de ouro que a transnacional canadiense Edgewater quere explotar en Corcoesto: “Unha mesma situación, unha mesma resistencia. Guatemala e Galiza”.
Convocan: Amigos da Terra, A Coruña en Loita, Comité de Solidariedade con América Latina (COSAL), Coordinación por los Derechos de los Pueblos Indígenas (CODPI) e Feminismos Corunha.

A Coruña, 28 de Abril 2013. No marco dunha intensa xira de denuncia que as está a levar por distintos países europeos, as lideresas guatemaltecas Natalia Atz Sunuc -coordinadora da Asociación para la Promoción y el Desarrollo de la Comunidad CEIBA- e Paula Irene del Cid Vargas -asociación feminista La Cuerda- permanecerán na Galiza dende o vindeiro martes 30 ata o venres 3 de maio, onde manterán reunións con colectivos, organizacións sociais e partidos políticos, co obxectivo de dar a coñecer os abusos e violacións dos dereitos humanos1 que están tendo lugar en Guatemala por mor dunha presa hidroeléctrica que a empresa Hidro Santa Cruz -tamén coñecida como Hidralia Energía2 ou Ecoener-, propiedade do empresario coruñés Luis Castro Valdivia3, quere construír nunha área de histórico valor sagrado e cultural pertencente a comunidades indíxenas guatemaltecas.

Dito proxecto conta ca clara oposición das comunidades afectadas, quenes logo dun minucioso proceso de consultas comunitarias iniciadas no ano 2007 -no que participaron case cincuenta mil persoas-, ditaminaron a súa total negativa á construción da presa a través do documento Actas de las comunidades 2012”, trasladado tanto á empresa, como a representantes políticos e opinión pública.

O dono de Hidralia Energía, Luis Castro Valdivia, bem coñecido pola prensa latinoamericana4, saltou aos medios de comunicación galegos cando no ano 2007 tanto el coma o seu cuñado, o ex director xeral de Industria da Xunta (1999-2005), o popular Ramón Ordás Badía, foron imputados pola Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) por un delito de tráfico de influencias relacionado ca concesión de parques eólicos e minicentrais hidroeléctricas, negocio no que Castro Valdivia, en alianza ca familia do ex-alcalde Francisco Vázquez e o ex-presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Antonio Fontenla, conta cunha espectacular presencia.

A visita destas dúas lideresas ten lugar nunha data especialmente significativa, xa que coincide co aniversario do Estado de Sitio decretado en Santa Cruz Barillas en maio do ano pasado, logo de que o día 1 dese mes persoas vinculadas a Hidro Santa Cruz -un dos detidos foi o seu Xefe de Seguridade- atacaran a tres líderes comunitarios que se opoñían ao proxecto, asasinando a un deles e deixando gravemente feridos aos outros dous.

A controvertida decisión do presidente guatemalteco Otto Pérez de afrontar a conflitividade derivada deste asasinato a través da suspensión de dereitos e liberdades que supón o Estado de Sitio para, deste xeito, protexer e favorecer o abuso da transnacional galega, vén motivada en grande parte pola situación estratéxica na que se atopa Hidralia Energía ao pertencer á Cámara Oficial Española de Comercio de Guatemala, entidade financiada polo Ministerio de Industria, Energía y Turismo de España. Ademais, o presidente Otto Pérez, aliado fundamental de Castro Valdivia nos seus negocios en Guatemala, conta cunha denuncia realizada no ano 2011 ante o Relator Especial da ONU Contra a Tortura e foi tamén acusado de ser un dos instigadores do asasinato en 1997 de Juan Gerardi, bispo e coordinador da Oficina de Derechos Humanos del Arzobispado de Guatemala.

A violencia despregada en Santa Cruz Barillas por Luís Castro Valdivia en connivencia co goberno guatemalteco, inda a día de hoxe mantén a rexión nunha situación de tensión constante, intensificada pola militarización e paramilitarización da zona. A poboación vive o seu día a día facendo fronte ás agresións continuadas da empresa, rexistrándose non só os mencionados atentados contra líderes e lideresas, senón tamén numerosos casos de violacións sexuais a mulleres e innumerables casos de intimidación, ataques e ameazas.

Neste momento, no que tamén grande parte da poboación galega estase a mobilizar na contra da destrución do noso territorio por parte de empresas transnacionais que, tamén aquí ca colaboración dos gobernos, pretenden aproveitar o estancamento económico para expoliar os nosos recursos naturais -véxase por exemplo a transnacional canadiense Edgewater en Corcoesto-, Natalia Atz e Paula Irene del Cid aproveitarán esta viaxe á Galiza non só para denunciar a vulneración dos dereitos humanos que está a ter lugar en Barillas, senón tamén para dar a coñecer e intercambiar estratexias de loita e, deste xeito, tanto dende Galiza como dende Guatemala, facer fronte á ameaza globalizada da explotación de recursos naturais e enerxéticos por parte de empresas privadas transnacionais que pulan polo modelo neoliberalista de enriquecemento a través da capitalización total da Natureza, da Vida.

Moitas grazas pola vosa atención.

Máis información e entrevistas:
  • Natalia Atz Sunuc -coordinadora da Asociación para la Promoción y el Desarrollo de la Comunidad CEIBA- e Paula Irene del Cid Vargas -asociación feminista La Cuerda- , Tlf´s: 603 125091 / 650819413.
  • Coordinación da xira europea: Víctor Barro (Amigos da Terra), Tlf: 659 655 734.
  • Coordinación A Coruña: Mariola Mourelo (Feminismos Corunha), Tlf: 678 381 459.
  • Seguemento da denuncia de violación de dereitos humanos por parte da empresa galega Hidralia Energía en Santa Cruz Barillas dispoñible no blogue: http://memorialguatemala.blogspot.com.es/
  • Arquivos adxuntos:
-“La presencia de Hidro Santa Cruz en Barillas”. Instituto de Estudios sobre Desarrollo y Cooperación Internacional HEGOA, Universidad del País Vasco (2012).
-Imaxes correspondentes á mobilización realizada en Barillas o 18 de xuño de 2012. Autoría: Marcha Indígena Campesina y Popular-Guatemala.


1Denunciadas tamén polo Centro Internacional para las Investigaciones en Derechos Humanos (CIIDH) de Guatemala no “Informe sobre violaciones de Derechos Humanos en el caso de la comunidad de Barillas”. http://www.agenciapulsar.org/dd-hh/comunidad-de-guatemala-sufre-violaciones-a-ddhh-tras-oposicion-a-proyecto-hidroelectrico/
2Esta transnacional conta con minicentrais hidroeléctricas e parques eólicos na Galiza, así como con distintos negocios de explotación de recursos naturais en países coma Nicaragua, Panamá, Guatemala, Ecuador, Venezuela ou Honduras. A día de hoxe, segundo os seus propios datos, manexan unha carteira de traballos en execución de 1.152.000 € http://www.hidraliaenergia.com/
3Luis Castro Valdivia é fundador de Hidralia e representante legal de Hidro Santa Cruz. O seu irmán David é o Director CEO (Chief Executive Officer) de Hidralia, propietario e accionista maioritario de Hidro Santa Cruz.
Mobilizacions barillas-2-18062012.jpgMobilizacions barillas-2-18062012.jpg
491 kb   Ver   Compartir   Descargar  
Mobilizacions barillas-3-18062012.jpgMobilizacions barillas-3-18062012.jpg
488 kb   Ver   Compartir   Descargar  
Mobilizacions barillas18062012.jpgMobilizacions barillas18062012.jpg
413 kb   Ver   Compartir   Desc

terça-feira, 16 de abril de 2013

Hoxe manifestación as 20:00h Acude !

O persoal de Atento continúa as mobilizacións contra os despedimentos e secunda paros de unha hora por quenda de traballo

 
Os traballadores e traballadoras de Atento continúan este luns coas mobilizacións en rexeitamento aos 142 despedimentos que vai executar a empresa a partir do martes. Esta semana, ademais das concentracións diarias, o persoal está secundando paros de unha hora de duración por quenda de traballo e para mañá, martes 16, está convocada unha manifestación ás 20:00 horas.
A manifestación sairá de diante das oficinas de Atento na rúa Juan Flórez, baixará até Linares Rivas, continuando pola Praza de Ourense até a Praza de Pontevedra e dende alí de regreso ás instalacións da empresa.
Dende o Comité volveuse denunciar a fraude dos despedimentos, que a empresa de telemárketing comezará a facer efectivos dende mañá mesmo. Neste senso, explicaron que na reunión mantida o pasado venres coa Inspección de Traballo demandouse desta unha pronta actuación que permita frear os 142 despedimentos (no servizo de Atención ao cliente de empresas de Movistar e de CAT-ADSL) da plataforma da Coruña. Así mesmo, demandaron das administracións unha implicación neste conflito para evitar que se continúe avanzando na destrución de emprego na comarca, sinalando que Atento despide "pero Telefónica é quen decide".
A representación dos traballadores/as desmentiu unha vez máis a suposta diminución do volume de chamadas dos servizos alegada pola empresa para xustificar esta medida. Así, apuntaron ao cambio de estratexia aplicado pola empresa, xa que anteriormente despedía para deslocalizar o traballo a países con condicións laborais máis precarias e así incrementar o beneficio. Porén, matizan, ante as protestas de traballadores/as e clientes, as empresas de telecomunicacións, neste caso Telefónica, terían mudado a política de atención, “co único fin de lavar a súa mala imaxe e captar” novos clientes. (fonte Avantar-CIG)

Existosa manifestación di non á mina de Corcoesto.

As voces que lle din "non" á mina de Corcoesto

Redacción | @prazapublica

Este domingo milleiros de persoas manifestáronse en Carballo contra o polémico proxecto de extracción de ouro que a multinacional canadiana Edgewater quere levar a cabo en Corcoesto. Non é a única ameaza: hai ducias de proxectos mineiros que están comezando as súas actividades en toda Galicia, na procura de ouro, de terras raras e doutros materiais, e aproveitando a crise económica e a grave situación de desemprego para vender as súas bondades. Corcoesto é a punta de lanza, un ensaio. Pero tamén é o lugar no que a xente se está organizando e mobilizando: plataformas sociais coma Salvemos Cabana ou a Plataforma pola Defensa de Corcoesto, organizacións ecoloxistas e partidos politcos, todos traballan unidos e estiveron o domingo en Carballo.
Falamos con Manuel Rivas, Fins Eirexas (Adega), Nela Abella (Verdegaia), Margarida Prieto (SLG), Manuel Antelo (alcalde de Vimianzo), Xosé Manuel Beiras (Anova), Xavier Vence (BNG), Xoán Bascuas (CxG) e Manuel Dios (EE) sobre o éxito da marcha e das accións que se deben poñer en marcha para frear a ameaza mineira en toda Galicia. En maio haberá un macroconcerto contra a mina. E a comezos de xuño, ao redor do día 5, convocarase unha manifestación nacional galega para protestar "contra todos os proxectos mineiros que están ameazando numerosas zonas de Galicia co apoio da Xunta".
Manuel Rivas: "A xente converteuse no río Anllóns: cando a protesta deixa de ser un regato e se converte nun río os gobernos teñen que escoitar”
Manuel Rivas foi o encargado de ler o manifesto na marcha do domingo. O escritor salienta que “é a unión da xente na rúa o que pode parar esta desfeita. Ten que oírse en Santiago e despois en Canada" e conclúe que "a concienciación é un proceso lento ao comezo pero esta mobilización comeza a ser masiva. A xente converteuse no río Anllóns: cando a protesta deixa de ser un regato e se converte nun río os gobernos teñen que escoitar”.
Tamén foron rotundas as voces dos representantes dos colectivos ecoloxistas. Fins Eirexas (Adega) afirma que "a protesta ten que transcender o ámbito local. Son ducias os proxectos mineiros que buscan o beneficio rápido a custa de destruír os recursos naturais e o territorio". E engadiu: "que non o dubide Feijoo: a próxima será en Compostela e onde somos tres mil seremos quince mil”. E Nela Abella (Verdegaia) lembrou que “as mobilizacións están servindo para implicar a toda Galicia e para informar a xente das repercusións desta mina. Estase xestando unha rede de colectivos antiminaría en Galicia que quere ser unha rede de apoio mutuo para compartir ideas e forzas”. De igual xeito Margarida Prieto (SLG) sentenciou que "a Xunta ten que recapacitar. Galicia non é unha mina. Ten que haber un cambio de rumbo na política do Goberno galego”.

As voces dos políticos

Fins Eirexas (Adega): "Que non o dubide Feijoo: a próxima será en Compostela e onde somos tres mil seremos quince mil”
Manuel Antelo (Alcalde de Vimianzo): “É unha loita por un modelo económico sostible en Bergantiños e a Costa da Morte. Temos moita necesidade de traballo pero non a calquera costa non adoptando actividades que están en desuso en todo o mundo desenvolvido”: “É unha loita por un modelo económico sostible en Bergantiños e a Costa da Morte. Temos moita necesidade de traballo pero non a calquera costa non adoptando actividades que están en desuso en todo o mundo desenvolvido”.
Xosé Manuel Beiras (Anova): “O Goberno galego non reflexiona porque non ten cerebro: ten neve en lugar de cerebro. Non se trata de facelo reflexionar senón de forzalo a que non poda levar adiante unha operación brutal de saqueo do país. Nesta mobilización os protagonistas son os cidadáns: as forzas políticas só deben ser instrumentos en mans da cidadanía”
Xavier Vence (BNG): “A cidadanía da comarca rexeita maioritariamente un proxecto que vai provocar moito dano e deixar moi pouca riqueza aquí. En todo caso a riqueza marchará para Canadá e aquí quedará o cianuro”
Margarida Prieto (SLG): "A Xunta ten que recapacitar. Galicia non é unha mina. Ten que haber un cambio de rumbo na política do Goberno galego”
 

quarta-feira, 10 de abril de 2013

Manifestacion ó vindeiro domingo.

Participantes na tractorada
Participantes na tractorada
CC BY-SA Salvemos Cabana

Nova manifestación este domingo contra a mina de Corcoesto

Redacción | @prazapublica
Continúan as mobilizacións contra a mina. Logo da tractorada celebrada a pasada fin de semana, a Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños convoca unha manifestación contra o proxecto de Edgewater para o vindeiro domingo en Carballo, unha marcha que pretende ser a convocatoria "central" do conxunto de protestas que se están a realizar na comarca durante os últimos meses.
A manifestación do domingo pretende ser a marcha "central" do conxunto de protestas que se están a realizar contra a mina
"Temos que ser unha morea de xente!", pide a plataforma, que advirte da necesidade de implicar a cidadanía, non só da comarca afectada, senón doutras zonas. "Non é só un problema de Corcoesto. Non é só un problema de Bergantiños. Corcoesto é o inicio dunha inmensa desfeita programada de norte a sur: a veta Malpica-Tui", asegura en referencia ás múltiples ameazas mineiras que pesan sobre Galicia desde hai xa meses. "Hai que parar este proxecto que podería supoñer un grave precedente", insiste o colectivo, que xa conta co apoio de organizacións ecoloxistas e formacións políticas, ao igual que sucedeu coa tractorada do pasado domingo.
Así, Verdegaia vén de "animar as persoas socias e a toda a sociedade en xeral a secundar a manifestación", mostrando así "a oposición a un proxecto que, ademais do enorme impacto medioambiental que xeraría, suporía un impacto socioeconómico moi negativo para Corcoesto e para toda a comarca de Bergantiños, tal como alertan especialistas de distintos campos". O colectivo ecoloxistas pide o apoio a unha marcha que sairá ás 12 da mañá do vindeiro domingo 14 do aparcamento do Haley baixo o lema Por un aire puro, sen arsénico nin cianuro: Non a mina de Corcoesto.
"Só a través da mobilización cidadá será posible parar este proxecto apoiado polo PP", di o BNG, que estará presente na marcha
O BNG xa deixou claro tamén o seu apoio á manifestación, á que asistirá o seu portavoz nacional, Xavier Vence, acompañado de cargos institucionais e militantes. "Só a través da mobilización cidadá será posible parar un proxecto de explotación mineira, apoiado polo PP, que contempla a instalación dun deposito de substancias e residuos situado a escasos 150 metros do esteiro do río Anllóns cun alto risco para as persoas e o medioambiente", asegura o Bloque, que fai "un chamamento" á cidadanía galega para que participe na marcha do domingo

Cea da Republica 2013

COMISIÓN POLA RECUPERACIÓN DA MEMORIA HISTÓRICA DA CORUÑA – CEA DA REPÚBLICA 2013
COMISIÓN POLA RECUPERACIÓN DA MEMORIA HISTÓRICA DA CORUÑA – CEA DA REPÚBLICA 2013
COMISIÓN POLA RECUPERACIÓN DA MEMORIA HISTÓRICA DA CORUÑA – CEA DA REPÚBLICA 2013
 

HOTEL MELIÁ “MARÍA PITA”, VENRES, 12 DE ABRIL DE 2013, a partir das 21’30 h .
 
Para empezar cos actos dese día, a partir das 19’30 h., haberá una ofrenda floral na Avenida de Navarra, no Memorial ás Vítimas do franquismo na comarca da Coruña.
E tamén, pola presente, quedas convidad@ á CEA DA REPÚBLICA 2013, que se celebrará este ano, no Hotel Meliá “María Pita” ese mesmo venres 12 de abril, a partir das 21’30 h . O seu custe será, como o ano pasado (aquí non hai crise!!), de 21 Euros que poderedes ingresar na conta corrente nª 2096 0489 11 3275331004, de Caja EspañaÉ ALTAMENTE preferible (para facilitar a organización do evento), que paredes anticipadamente o importe da cea, pero se vos fora imposible facelo, poderiades pagar alí mesmo .
Pero agradeceríamosche que fixeras a tua reserva canto antes, xa que desde o hotel nos apremian a decirlles un número determinado de participantes na cea para o martes, para así ter tempo eles para preparar todo o necesario para a mesma.
 O menú será o seguinte:
 Entrante:  Brocheta de langostino en tempura de azafrán.
Primeiro prato: Pastel de cabracho.
Segundo prato: Lubina ou Xarrete de tenreira con gornición de verduras.
Postre: Xeado de vainilla con chocolate quente
Bodega: Branco Ribeiro, tinto Rioxa, auga, refrescos e café.
 
Para apontarse a este evento, non tedes máis que respostar a este mesmo correo (rupo@mundo-r.com), ou chamar por teléfono, ao número 607506231, e preguntar por SONIA SÁINZ SUÁREZ, que é a compañeira que este ano váise facer cargo de recibir as chamadas telefónicas das persoas que teñan intención en anotarse para a Cea da República 2013.
Na Cea da República, como todos os anos, terá lugar o nomeamento da REPUBLICANA DE HONRA 2013, que este ano será outorgada a ELVIRA VARELA BAO,            mestra Republicana do barrio de San Roque de Fóra .  Achegamos unha pequeña semblanza desta muller, da que ese día disfrutaremos da súa compaña.
Agardando, pois, pola vosa presenza, tanto na ofrenda floral ás  vítimas do franquismo na comarca da Coruña, como na celebración da CEA DA REPÚBLICA 2013, recibide un cordial, afectuoso saúdo REPUBLICANO .
 
Rubén Afonso Lobato (secretario da CRMH da Coruña) 
 
PD . - Existe a posibilidade de disfrutar dun menu vexetariano, ou de calquera outro tipo en especial, non hai máis que indicalo á hora de facer a reserva.

sexta-feira, 5 de abril de 2013

Concentración diante da oficina Principal de Correos na Coruña.

Galiza - CGT - O venres, día 5 de abril, ás 9,30 horas, a CGT convoca unha concentración diante da Oficina Principal de Correos na Coruña en contra da represión que se está a producir aos afiliados e simpatizantes do sindicato.

Os militantes da CGT están fartos:
Fartos de que se nos represalie por ser afiliados o simpatizantes da CGT
Fartos de aturar que se nos ningunee, desprecie e negue a información.
Fartos de aturar as malas organizacións dos nosos xefes.
Fartos dos recargos mal feitos, indiscriminados e sen información.
Fartos de que se nos vixile e se nos apliquen expedientes disciplinarios inculpatorios
Fartos que se nos amenaze veladamente se non asentimos para que lles cadren as contas.
Queremos traballar sen presións, non nun réxime cuartelario onde está presente o medo.
Esiximos traballar con organización, calidade, comodidade e dignidade.
Sección Sindical da CGT en Correos – A Coruña


Iníciase o desmantelamento do servizo público de Correos na nosa Cidade. Correos suprime 9 postos de traballo nos distritos 7 e 8 da Coruña
Esta reestructuración afectará ás zonas OS MALLOS, MESOIRO, ELVIÑA...) A PARTIR
(disque) do 15 ABRIL.
E será a primeira de moitas máis que Correos irá creando en cada centro de traballo coruñés , fiel a unha estratexia de desmantelamento do servizo público en todo o Estado.
Xá temos informado en este blog que o pasado martes dia 26 de marzo @s traballadores/as do centro foron informados de esto nunha xuntanza no centro de traballo, onde os Xefes informadores, con a sua intransixencia, prepotencia e imposición natural, deixaron caer ó colectivo o seu futuro ( " o lo tomas o lo dejas", parece que fora a sua resposta más repetida ás preguntas inquedas do colectivo de carteiros afectados).
Esta medida, xunto con as que caerán en breve, forman parte do seu plan de efectos inmediatos das suas segredas 300 accións para levar a cabo nos vindeiros 100-300 dias para que o cabo dos 1500 dias , Correos non se recoñeza mirándose o espello público.
Na Coruña, todo este plan levará consigo unha grave merma do servizo postal nas zonas afectadas, pois menos persoas deberán asumir unha carga de traballo maior que afectará á calidade nos plazos de entrega.
Correos afirma que intentará reubicar ás persoas afectadas. Dende CGT entendemos que esto é imposíbel e ademáis entra en contradcción cos plans de Correos de reducir personal en todos os centros. Os afectados serán reubicados noutros centros onde Correos afirma que tamén "sobra" xente.
Correos toma está decisión sen ter consultado previamente ao comité de empresa nen á xunta de persoal funcionario, dos que CGT forma parte.
Con esta acción SAE Correos entra claramente na política de recortes de servicios públicos que está levando á inminente privatización do servizo Postal.
SAE Correos é actualmente unha empresa 100 % pública incluida na SEPI que ten designada a prestación do Servizo Postal Universal (SPU).
O SPU está rexido pola Lei Postal que garante un reparto diario de calidade TODOS OS DIAS de luns a venres.
Dende fai un tempo Correos incumple grave e reiteradamente esto non dotando de persoal suficiente aos centros de reparto.
Esta reducción nas contratación está levando @s carteir@s a asumir SOBRECARGAS de traballo constantes que imposibilitan o correcto tratamento e reparto postal.
A nivel estatal a plantilla de Correos reduciuse de 65000 a 58000 en catro anos aproximadamente o que, segundo a opinión de CGT, supón un ERE ENCUBERTO de 7000/9000 persoas e unha grave perda dun dereito esencial da cidadania.
CGT esixe que se deteña este novo atentado ao sector público, e a prestación do SPU nas condicións que esixe a lexislación vixente, asi como o mantemento de todos os postos de traballo da nosa cidade.

sábado, 23 de março de 2013

A estafa das preferentes, o roubo legalizado polo goberno do PP.

A carraxe das preferentes bate contra a blindaxe do PP

Redacción | @prazapublica
Son centos que representan a ducias de milleiros. Marchan por case todo o país para expresar a súa carraxe alí onde se celebra un acto político, xa sexa un pleno municipal, unha sesión parlamentaria ou un evento do partido gobernante en Galicia e no Estado, o mesmo que vén de escribir no BOE que van perder arredor da metade dos seus aforros. As persoas afectadas polas participacións preferentes -sobre todo de Novagalicia Banco pero tamén do agoniante Banco Gallego- estaban convocadas na mañá deste sábado en Pontevedra ante o congreso provincial do PP, que ironicamente se ía celebrar no centro social Novacaixagalicia da capital provincial. Os conservadores marcharon co seu congreso ao recinto feiral de Silleda e as vítimas dos produtos financeiros foron na súa procura.
Ao chegaren ao simbólico recinto, concibido como centro gandeiro pero máis coñecido por albergar, segundo a data, mareas de opositores ou simpatizantes do propio PP, os afectados polas preferentes atoparon un impresionante despregamento policial comandado en persoa polo subdelegado do Goberno en Pontevedra. As múltiples entradas das instalacións feirais e, sobre todo, a numerosísima presenza de efectivos da Garda Civil impedíronlles achegarse, pero non expresar a súa indignación polo "expolio" ao que foron sometidos os seu aforros. "Non é unha quita, é un roubo", reiteran, ao tempo que consideran que se os dirixentes do PP "se agochan" é "porque teñen algo que temer".

Feijóo teima en culpar a oposición

Feijóo asegura que a oposición "frega as mans" por poder "utilizar" os afectados
Mentres, dende fóra, os manifestantes auguraban un incremento da tensión e da intensidade das protestas, toda vez que, advirten non aceptan nin a quita ni nas accións do banco que os "estafou", dentro Rafael Louzán era aclamado novamente como líder provincial do PP co 97,1% dos votos e Alberto Núñez Feijóo teimaba en culpar das protestas ás forzas da oposición parlamentaria. Segundo o presidente da Xunta os partidos "que lavaron as mans cando se emitían as preferentes -estes produtos foron comercializados entre 2003 e 2011- agora as fregan porqeu ven nos afectados unha arma arroxadiza contra quen ten como único interese buscar solucións".
Segundo Feijóo os afectados non van "esquecer" cal foi o "goberno que ignorou os riscos que estaban correndo" e "marchou sen facer absolutamente nada por eles". Tampouco esquecerán, augura, que "o Goberno socialista e o bipartito miraron cara a outro lado". Pero a Xunta actual "estableceu ante ca ningunha outra comunidade a arbitraxe coa que case 15.000 familias recuperaron os seus aforros". Ademais, asegura, o seu executivo "pelexou" para que o Goberno central establecese "unha rede de seguridade para recuperar unha parte do que daban por perdido".

quinta-feira, 21 de março de 2013

No aniversario do asasinato de Yolanda Gonzalez.

Ola Compañeiras/os nestes días é noticia a compañeira Yolanda Gonzalez, seu asesino traballa dende hai varios anos "para os corpos e forzas da seguridade do estado".
Estamos recollendo firmas dende Corrente Vermella xunto coa súa familia e amigos para esixir investigación ata o final e responsabilidades ao Estado.
vos envio a CARTA que imos enviar ao Ministerio do Interior.

que vos parece que enviemos a nosa adesión á recollida de firmas.
un saúdo
xulia
Asinar aquí: http://chn.ge/xasl8j
Blog da campaña con recollidas de firmas internacionais: http://yolglez.wordpress.com/
Na noite do 1 de febreiro de 1980 foi secuestrada Yolanda González Martín, novo estudante e traballadora de 19 anos, membro do Partido Socialista dos Traballadores e da Coordinadora de estudantes de Madrid. Os seus secuestradores, vinculados á organización de extrema dereita Forza Nova, e que espiaran a Yolanda nas semanas anteriores, a torturaron e asasinaron, deixando abandonado o seu cadáver nunha cuneta. Un dos executores do crime foi Emilio Hellín Mouro, condenado polo asasinato. Hellín Mouro fuxiuse dúas veces, unha durante o período de prisión preventiva e outra durante un permiso de saída recibido mentres cumpría condena, refuxiándose nesta ocasión en Paraguai, onde colaborou coa ditadura militar de Alfredo Stroessner até a súa detención pola Interpol. Entre os implicados no crime que foron condenados había membros activos ou en excedencia dos Corpos e Forzas da Seguridade do Estado.
O 24 de febreiro de 2013, a través dunha noticia publicada no diario O País ("A vida oculta do asasino de Yolanda"), coñeceuse que Emilio (actualmente, Luís Enrique) Hellín Mouro, traballa desde hai varios anos "para os Corpos e Forzas da Seguridade do Estado en casos xudicializados e forma aos seus axentes en técnicas forenses de espionaxe e rastrexo informático".
Toda persoa ten dereito á inserción social unha vez cumprida unha condena, pero as administracións públicas non deben asignar determinadas tarefas especialmente sensibles a quen teñan antecedentes dunha actitude criminal vinculada coas funcións asignadas. Hai, por tanto, unha grave responsabilidade dos responsables directos ou políticos nas contratacións que desde hai varios anos veñen facéndose a Emilio / Luís Enrique Hellín Mouro e que causaron grave dano moral a familiares, amig@s e compañer@s de Yolanda.
Por iso, os familiares de Yolanda e os seus amig@s e compañer@s pedímosche que apoies a seguinte carta ao ministerio do Interior, extensible tamén ao ministro de Defensa, entendendo que o que nela se expresa non limita actuacións que levaremos a cabo por outras vías nin a formulación doutras preguntas que deben ser realizadas.
Esta iniciativa non ten só que ver co pasado, senón que, moi pola contra, afecta ao presente e ao futuro, ao tipo de sociedade na que queremos vivir e que en común queremos crear.

Familiares, amig@s e compañer@s de Yolanda González Martín yg@transicion.com.es https://www.facebook.com/nopagueisasesinos
twiter: https://twitter.com/YGnzalez
CARTA.
Para:
Ministro do Interior do Goberno de España
Sr. Ministro do Interior do Goberno de España

Recentemente coñecemos, grazas a unha investigación xornalística, que Emilio Hellín Mouro, actualmente "Luís Enrique" traballa desde hai varios anos "para os Corpos e Forzas da Seguridade do Estado en casos xudicializados e forma aos seus axentes en técnicas forenses de espionaxe e rastrexo informático".
Como vostede e os seus antecesores debían saber, Hellín Mouro foi condenado polo secuestro, tortura e asasinato de Yolanda González Martín en febreiro de 1980, xoven estudante e traballadora que cumprira 19 anos poucos días antes da súa morte. Tamén debían saber que entre os outros implicados e condenados por este cruel asasinato había membros activos ou en excedencia dos Corpos e Forzas da Seguridade do Estado, así como que se expresaron fundadas sospeitas de máis amplas conexións.
En consecuencia, solicitámoslle a vostede, e de forma extensiva ao ministro de Defensa...
Que de inmediato se poña fin a toda colaboración do citado Hellín Mouro cos seus ministerios e cos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado.
Que dea información pública das condicións en que tivo lugar esa colaboración e, moi en particular, que precise en que data tivo comezo e en quen recaeu a competencia das sucesivas contratacións que tiveron lugar. Solicitamos tamén unha investigación para comprobar se existen ou existiron en anos anteriores outros casos similares a este.
Igualmente, pedimos unha clara identificación da responsabilidade política no ocorrido, que non pode tratarse como erro administrativo e incumbe á cadea de mando dos corpos e forzas de Seguridade e dos propios ministerios, neste e en anteriores mandatos. Isto debe dar lugar aos correspondentes cesamentos e dimisións, así como ao recoñecemento de responsabilidade por parte de quen a teñan aínda que actualmente non exerzan funcións relevantes nas administracións públicas.

En espera da súa resposta

Atentamente,
[O teu nome]

Á RESPOSTA A QUITA DO FROG É MAIS MOVILIZACIÓN


CAMPAÑA CONTRA Á ESPLOTACIÓN EN ZARA

Nova campaña de boicot a Inditex

A plataforma #BoikotInditex pon en marcha unha nova campaña contra o grupo fundado por Amancio Ortega. Propón etiquetar as prendas das tendas da compañía con lemas como "100% feito por nen@s de 8 anos", "Esta prenda é froito da escravitude" ou "Esta prenda custoulle a Amancio 0,20 céntimos". Vídeo no interior.

x Galicia Confidencial
A plataforma de boicot ao grupo Inditex (#BoikotInditex) inicia unha nova acción. O colectivo acaba de publicar no seu blog un vídeo que recolle novas accións de presión contra a compañía fundada por Amancio Ortega. Nas imaxes se mostra a un grupo de persoas que etiquetaron as prendas de roupa nunha serie de tendas do grupo, visibilizando o que consideran "as malas prácticas que levan a cabo" en Inditex.
Agora, a plataforma convida aos demais cidadáns a que fagan o mesmo e inicien visitas ás tendas do grupo Inditex e peguen etiquetas como as que se amosan no vídeo sobre as etiquetas oficiais dos produtos da compañía galega. Nesas etiquetas rezan lemas como "Amancio máis rico e nós máis pobres", "Esta prenda está feita por nenas escravas", "100% feito por nen@s de 8 anos", "Esta prenda é froito da escravitude", "Esta prenda custoulle a Amancio 0,20 céntimos" ou "Mercando esta prenda favoreces a explotación laboral", entre outros.
Ademais, o vídeo comeza coa imaxe conxelada de Amancio Ortega e do presidente executivo de Inditex, Pablo Isla, ambos os dous cun naris de paiaso e de fondo o índice da Bolsa de Madrid.
Con esta acción, os membros da campaña de boicot a Inditex queren facer "conscientes" aos clientes das tendas de Inditex de que ao comprar esas prendas "colaboran coas prácticas que o grupo Inditex leva a cabo en todo o mundo, como a explotación, a venda dun modelo de beleza que oprime ás mulleres, etc".

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

 

segunda-feira, 4 de março de 2013

"O caso de Aurelia Rey tan só é a punta do iceberg"





Héctor Tejón converteuse durante días na cara visible de Stop Desafiuzamentos na Coruña e tamén nun dos protagonistas involuntarios do conflito de Aurelia Rey, a anciá cuxo desaloxo foi paralizado pola presión cidadá. Agarrado ao megáfono, este sociólogo en paro -"en activo non retribuído", prefire dicir el- leu comunicados, coidou de Aurelia, atendeu á prensa e emocionouse varias veces logo dunha semana tan intensa como esgotadora. Cun discurso firme e claro, pide á sociedade que se implique nunha problemática que vai moito máis aló do caso desta muller de 85 anos, que aínda está pendente dunha solución definitiva, e ao que chegou a raíz da súa participación en movementos como o 15M, pero sobre todo pola súa "inquedanza persoal" nunha problemática como a da vivenda.
E de súpeto, atópaste co caso de Aurelia Rey...
O caso de Aurelia é moi particular e moi específico, unha parte do problema que non pode significar o todo. A nivel da opinión pública, é moito máis sinxelo ir contra un banco que contra un propietario individual. Non é o mesmo unha familia que asina unha hipoteca, non é capaz de pagala e vai ser desaloxada, que este caso. Ademais, nós non sabiamos que nos iamos atopar con todo o que nos atopamos durante estas últimas semanas.
"A nivel da opinión pública, é moito máis sinxelo ir contra un banco que contra un propietario individual"
Con que se atoparon?
Non sabiamos das relacións de poder da familia propietaria. Teñamos en conta que antes de iniciar as mobilizacións falamos con Servizos Sociais da Coruña e co avogado dos denunciantes. A resposta do Concello foi sempre a mesma: “non temos pisos e a mellor opción é unha residencia”. Tamén intentamos deter a orde de desaloxo falando cos donos do piso, pero non o conseguimos. Logo mobilizámonos porque o lanzamento era inminente e conseguimos paralo.
Todo polo atraso no pago de dous meses de aluguer.
Claro, porque neste caso nin tan sequera hai un impago, senón un atraso. É unha lei máis que discutible a que permite que se desaloxe unha persoa nesta situación. Lembremos que o primeiro atraso foi en 1999 e o segundo en 2011. Foi aí cando os donos aproveitaron para iniciar o proceso legal que rematou no intento de desafiuzamento. A familia buscaba unha opción legal que lles permitise botar a Aurelia da súa casa. É un caso claro de mobbing inmobiliario e de especulación. Teñamos en conta que varios dos edificios colindantes ao de Aurelia son propiedade da mesma familia, incluído o inmoble onde vive.
"Sempre intentamos chegar a un acordo coa familia propietaria antes de iniciar as mobilizacións, pero non o conseguimos"
A familia acusa a Aurelia Rey de non facilitar as cousas co seu comportamento.
A familia sempre dixo que era moi difícil convivir con Aurelia e Aurelia di que é moi difícil convivir coa presión da familia. Nós sempre intentamos chegar a un acordo antes de iniciar as mobilizacións, pero non o conseguimos.
A repercusión mediática serviulles para lograr o seu obxectivo?
Recibimos moito apoio de todas as partes do Estado grazas á repercusión mediática que tivo o tema e isto serviunos de moita axuda, pero tamén xurdiron outras actitudes non tan positivas cara a nós. Aurelia non elixiu estar no foco de nada. A familia propietaria tirou pola vía penal en lugar de reclamar a mediación dos Servizos Sociais, que teñen tamén esa función. Pasamos dunha solución amigable a unha resolución conflitiva. Aproveitáronse do marco legal vixente para levar a cabo o desaloxo.
"En vez de ver en Aurelia unha persoa xubilada que cobra unha miseria, algúns viron nela unha persoa que vive nunha zona que non lle correspondería polo seu nivel económico"
Pero habéra máis casos como os de Aurelia...
Xa nos están chegando novos casos. Sabemos que non pode ser que Aurelia sexa o todo, pero tampouco a podemos deixar soa porque é unha situación de exclusión social flagrante. Lembremos que Aurelia Rey cobra unha pensión non contributiva duns 370 euros e vive por debaixo do limiar da pobreza. Por iso pedimos a implicación da cidadanía. Tivemos moito apoio, pero tamén sabemos de moita xente que se implicou na censura moral ao culpar a Aurelia de rexeitar pisos que estaban moi lonxe ou de vivir no lugar onde vive. Digamos que tamén xurdiron celos entre clases. En vez de ver en Aurelia unha persoa xubilada que cobra unha miseria, algúns viron nela unha persoa que vive nunha zona que teoricamente non lle correspondería polo seu nivel económico.
Doéronlle algúns deses comentarios?
Por que non podes vivir en calquera lugar da cidade? Ou é que xa aceptamos o clasismo por zonas? Ao final, a clase baixa social reproduce discursos que van na súa contra. Aurelia Rey leva máis de trinta anos vivindo na mesma zona. Que diriamos se o mesmo caso de Aurelia se dese nun barrio máis humilde? Aceptémolo ou non, segue sendo traumático porque estás dando pé ao desarraigo, máis aínda cando falamos dunha persoa de 85 anos que ten o seu médico, as súas amizades e o seu modo de vida nunha zona determinada.
"Estamos cumprindo unha función que debería realizar a Concellería de Servizos Sociais"
Que ocorre agora que se parou o desafiuzamento?
Isto tamén nolo preguntamos nós. E agora que? Da parte de acompañamento e de busca dunha nova vivenda deberían ocuparse os Servizos Sociais, pero o único que ofertan son pisos de protección oficial e no Concello aseguran que non hai iniciado ningún proceso de "concorrencia competitiva aberta", como din eles. En definitiva, que non teñen pisos. Agora estamos nunha situación na que nós estamos cumprindo a función que debería realizar a Concellería de Servizos Sociais. Estamos encargándonos de buscarlle un piso nos dous meses que ten de prazo, pero tamén nos ocuparemos de axudarlle coa mudanza e de reubicala. Se ocorrese con outras familias, pasaría o mesmo. Sempre se fala de cando se para o desafiuzamento, pero a onde van esas familias que conseguen a dación en pago pero quedan sen casa? Quen se ocupa delas?
Están cumprindo os movementos sociais a función que deberían realizar os poderes públicos?
Está pasando e iso é unha mostra do desmantelamento do Estado de Benestar. É o activismo social o que moitas veces se ten que ocupar de cousas das que se deberían ocupar as administracións públicas. Non é que nos poidamos ver nesa situación, senón que xa nos estamos vendo nela. Hai moitos máis casos e é evidente que nós non nos podemos ocupar de todos. Pedimos que as administracións públicas se impliquen. O que non pode ser é que nós teñamos que buscar e procurar unha solución porque o Concello ou a quen lle corresponda non o faga.
No entanto, sempre dixestes que o voso labor é tamén de concienciación social, de pedagoxía...
É evidente. Teñamos en conta que en plena crixe, séguense mantendo as mesmas rendas para os alugueres cando o poder adquisitivo da sociedade é claramente menor. Temos que facer entender que os novos tempos requiren novos modos de relación. Pasamos dun Estado de Benestar a un reparto da carencia. Ou nos coordinamos entre todos ou non sei o que pode pasar. Eu creo na autoxestión, pero sei que é complicado porque a pequena burguesía propietaria non quere perder os seus privilexios, a pesar de que o poder adquisitivo das familias segue baixando e o paro é cada vez maior. O que debemos facer é darlle unha volta a este pensamento porque non podemos pensar que un movemento como Stop Desahucios se pode converter nuns Servizos Sociais autoxestionados.
"Estoulles agradecido aos políticos que estiveron con nós e que deron a cara"
Que opina do apoio que recibiron de cargos públicos co Concello?
Calquera apoio de concelleiros da corporación municipal foi importante, tamén como salvoconduto contra a represión do activismo, porque hai xente á que xa lle están chegando citacións para ir declarar ao xulgado.
Hai quen di que os políticos que os apoiaron só querían sacarse a foto.
Eu persoalmente estoulles agradecido. Só podo ter palabras de agradecemento para os concelleiros do BNG Xosé Manuel Carril e Avia Veira. Desde o primeiro día estiveron con nós e incluso quedaron a durmir no portal. Eu só os vía como uns activistas máis que apoiaron o movemento. Estiveron da nosa man e esa debe ser a función dun político. Non debe impoñerse na sociedade, senón ser a membrana de vinculación dese magma social. César Santiso, concelleiro de Esquerda Unida, tamén estivo varios días dando a cara con nós e incluso algún concelleiro socialista se achegou para interesarse polo tema, a pesar de que neste último caso é difícil de entender cando foi o seu partido o que lexislou xusto en contra do que nós defendemos.
"Claro que se poden cambiar as cousas, pero necesítase xente disposta a romper coas lóxicas tradicionais"
En definitiva, cren que conseguiron unha maior concienciación da sociedade respecto dos desafiuzamentos ou desaloxos?
Ese é sempre un dos obxectivos e temos medo de que o caso de Aurelia tape todo o demais. O que notas pola rúa, cando a xente te anima a seguir, é que estamos todos moi necesitados de esperanza. Claro que se poden cambiar as cousas, pero necesítase xente disposta a romper coas lóxicas tradicionais. Todos estabamos afeitos a ingresar a renda do piso a final de mes, pero como fas se nin tan sequera tes a renda do traballo? Notamos máis apoio e notamos tamén como moitas familias que antes non se achegaban a nós por vergonza, si que nos chaman agora para preguntarnos como os poderiamos axudar.
Seguirán loitando?
Seguiremos en pé de loita. O de Aurelia é un caso moi concreto e moi especial. A xente pode quedarse co caso de Aurelia, pero este caso só é a punta do iceberg. Ela podería ser a avoa de calquera e por iso moita xente se identificou co seu problema, pero insisto en lembrar que está nunha clara situación de exclusión social, algo que quizais non soubemos transmitir como deberiamos. Destina máis do 30% dos seus ingresos ao pago do aluguer e iso se cadra é o realmente grave. En Servizos Sociais dixéronnos que había máis Aurelias. Creo que esa resposta que nos deron debería facer reflexionar aos poderes públicos. Se hai máis casos como o desta muller, deberían recapacitar sobre o que están facendo cos cartos públicos ou sobre o que está pensando con dereitos básicos que veñen recollidos na propia Constitución.

O soberanismo sae á rúa contra a corrupción e a prol da "soberanía"

Redacción | @prazapublica


"Polo dereito ao traballo, á igualdade, aos servizos públicos e á plena soberanía nacional galega". Son os motivos que este domingo sacou ás rúas de Compostela a milleiros de persoas que secundaron a convocatoria encabezada polo BNG e a CIG xunto a diversas organizacións como CCPI, COG, FRUGA, MPB, Nós-UP, AGIR, AMI, BRIGA, os Comités, Galiza Nova, ISCA! e a Liga Estudantil Galega. No que nalgúns foros é interpretado como un paso máis do Bloque cara ao ámbito soberanista os manifestantes consideraron que "abonda xa de corrupción e de destrución social e cultural" e que, neste ámbito, cómpre unha "ruptura democrática" e un novo "proceso constituínte".
O portavoz nacional do Bloque, Guillerme Vázquez, púñalle voz ás reivindicacións na Alameda da capital galega considerando que "xa é hora de castigar a corruptos e corrompidos" e "proceder á "rexeneración do sistema". "Estamos aquí para expresar que estamos farots e fartas de corrupción", enfatizou o nacionalista, que abondou tamén no "cansazo" a causa "desta elite económica e política que só persegue saquear as clases populares". "Até aquí chegamos", di Vázquez, en cuxa opinión "non só é preciso castigar" a quen comete ou permite a corrupción, senón facer camiñar o sistema "nunha dirección diferente".
As organizacións convocantes chaman a "artellar uha alianza" para "recuperar os dereitos políticos, económicos, sociais, lingüísticos e culturais" de Galicia
"Menos monarquía e máis soberanía", "menos corruptos e máis institutos" ou cánticos a prol da independencia de Galicia foron algunhas das consignas berradas ao longo da mobilización, que ao seu remate fixo rebordar a Praza de Praterías. Foi alí onde as entidades convocantes se declararon, a través dun manifesto, como "herdeiros e herdeiras da esperanza de Celso Emilio" para "erguer a voz" e "convocar a sociedade galega a unha resposta de dignidade e loita para enfrontar o tempo da devastación social e cultura, política e económica, que están a provocar as políticas do capitalismo ultraliberal no noso país".
A xuízo das organizacións que impulsaron a protesta "o réxime político da segunda restauración" está a "esmorecer" e, mentres o fai, "provoca unha violenta destrución social, económica e cultural sobre o nosoo pobo". "Como corolario desas agresións", enfatizan, están "o medo, a precariedade social, a dor e a angustia e mesmo os suicidios". "Estamos diante dun modelo político e social que mete auga por todos os lados e do que nada se pode agardar porque foi protexido de calquera mudanza e rexeita mesmo discutir", censuran. Así as cousas, coidan que a saída pasa por "artellarmos unha alianza para producir un novo proceso que permita recuperar os nosos dereitos políticos, económicos, sociais, lingüísticos e culturais como pobo". "Democracia participativa e directa" ou "libre acceso aos servizos públicos" son algúns dos obxectivos que, din, deben estar por tras da "tarefa de construír unha Galiza soberana de iguais en liberdade".

segunda-feira, 25 de fevereiro de 2013

IMAXES de prensa da saida da ocupación da Concelleria de Servizos Sociais do Concello de A Coruña.


 
 
 
 
 


Destitución do concelleiro de Servizos Sociais, XA !

Aurelia non será desafiuzada pero a presión social continúa




Uns trinta activistas de Stop Desafiuzamentos permanecen pechados desde as 10 da mañá na Concellería de Servizos Sociais da Coruña á espera de poder ser recibidos por algún responsable do departamento. Agardan unha xuntanza co obxectivo de que o Concello lle garanta a Aurelia Rey "unha vivenda digna", logo de que o seu desaloxo fose paralizado este luns ao chegar a un acordo o avogado da anciá coruñesa coa familia propietaria.
O avogado de Aurelia Rey cualifica de "fito" a paralización "dun desaloxos forzoso con sentenza firme"
Porque a presión social funcionou desta vez. O avogado de Aurelia, Antonio Vázquez, anunciou pola mañá "a solución amigable" á que se chegara cos propietarios para "poñer fin ao conflito de forma pactada". Os donos do piso da Padre Feijoo no que a muller de 85 anos vive desde hai máis de 35 anos retiraron a denuncia, polo que se conseguiu deter un desafiuzamento que xa fora paralizado pola mobilización social en dúas ocasións. "É un fito nesta loita para que unha lei manifestamente inxusta sexa modificada, un pacto que evita un desaloxo forzoso e a primeira vez que se logra frear un desaloxo forzoso con sentenza firme", aclarou o letrado, que non aclarou os detalles do acordo, pero que si insistiu en que a saída da anciá da súa vivenda "será voluntaria" e nun prazo de dous meses.
Segundo puido saber Praza, o acordo consiste en que Aurelia contará agora con oito semanas para abandonar a súa actual vivenda, período no que deberá buscar outra casa, ao tempo que a familia González-Pereira -a propietaria- compensará economicamente unha muller que cobra unha pensión de 375 euros e paga 125 polo aluguer do piso.
"Non remata aquí o traballo; loitamos por unha vivenda digna e a Administración ten moito que dicir"
"Non remata aquí o traballo; seguiremos loitando por unha vivenda digna para Aurelia", asegurou o seu avogado. Precisamente, esa é a intención de Stop Desahucios e do peche que varios activistas manteñen na Concellería de Servizos Sociais. "A Administración ten moito que dicir", engade o letrado. Mentres, Héctor Tejón, un dos voceiros do colectivo concentrado desde hai unha semana fronte ao portal da vivenda, agradeceu visiblemente emocionado "a implicación da cidadanía, dos manifestantes e dos bombeiros" e insistiu en que "non hai vontade política" para axudar a muller afectada.
No peche púidose ver o bombeiro que se negou a colaborar no desafiuzamento o pasado luns
"O poder político prefire salvar bancos a salvar persoas", insistiu, tras engadir que a loita "só acaba de comezar". "Exiximos unha vivenda digna para Aurelia", asegurou, momento no que os trinta activistas alí concentrados decidiron trasladar a súa protesta ao gabinete da Concellería de Servizos Sociais, no que se pecharon logo dunha negociación cos axentes da Policía Local que alí chegaron. Pasadas dúas horas de peche, os congregados arrincaron o compromiso de fixar unha reunión do concelleiro Miguel Lorenzo ou dalgún responsable do seu departamento con dous representantes do colectivo, pero nestes momentos continúan agardando unha hora concreta.
Aurelia Rey rexeitou a pasada semana dúas vivendas ofertadas polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) xa que os dous inmobles estaban situados ás aforas da Coruña, o que podería provocar, segundo o seu propio avogado, "un forte desarrraigo social". Tanto a afectada, como o seu representante legal e Stop Desafiuzamentos pídenlle ás administracións unha solución para que a muller poida residir nunha vivenda digna e na propia cidade, tal e como leva facendo desde hai máis de trinta anos. A residencia, opción que contempla o Concello da Coruña, sempre foi rexeitada pola anciá.
Entre berros de "Aurelia por ti, estamos aquí", "nin xente sen casa, nin casa sen xente" ou "onde están os Servizos Sociais?", varias ducias de persoas manteñen o peche no que tamén se encontran os voceiros do BNG e Esquerda Unida no Concello da Coruña, Xosé Manuel Carril e César Santiso. No encerro tamén se puido ver ao bombeiro que no primeiro intento de desaloxo se negou a cortar a cadea que impedía o paso da comisión xudicial e que suxeitou un cartel de Stop Desafiuzamentos para mostrar o seu apoio ao movemento.

sexta-feira, 22 de fevereiro de 2013

Presentación do libro "Largo Caballero, el tesón y la quimera"

 
COMISIÓN POLA RECUPERACIÓN DA MEMORIA HISTÓRICA DE A CORUÑA
PRESENTACIÓN DO LIBRO
"LARGO CABALLERO. EL TESÓN Y LA QUIMERA".

HOMENAXE AO SEU AUTOR JULIO ARÓSTEGUI (1939-2013)

VENRES 22 DE FEBREIRO, ÁS 20’00 h.
NA CASA MUSEO CASARES QUIROGA (rúa Panadeiras s/n, A Coruña)
(en colaboración co Ateneo Republicano de Galicia)
Interveñen:
- Lourenzo Fernández Prieto: Catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela. Director do proxecto Interunivesitario “Voces e Nomes”
- Jorge Marco: Profesor do Departamento de Historia Contemporánea da Universidade Complutense de Madrid.Colaborador esencial do profesor Julio Aróstegui na Cátedra“Memoria Histórica del siglo XX”.
-Xesús Mosquera: Representante da CRMH da Coruña. Presidente da Fundación “Luis Tilve”

Organizacións sindicais, políticas e estudantís lanzan unha campaña de mobilizacións en defensa dos dereitos sociais e nacionais

13-02-21 campaña corrupción, dereitos e soberanía
 
Denuncian a alarmante situación de corrupción e reclaman dereito ao traballo, á igualdade, aos servizos públicos e á plena soberanía nacional galega
Mirian Rodríguez, Xulio Vicente e Laura Arjonilla presentaron esta mañá en rolda de prensa, en representación do BNG, o CCPI, a CIG, COG, FRUGA, MPB, Nós-UP, AGIR, AMI, BRIGA, os Comités, Galiza Nova, ISCA! e a Liga Estudantil Galega unha campaña de mobilizacións que comezará mañá venres, día 22 de febreiro, con concentracións nas cidades de Galiza, ás 20:00 horas, e que confluirá nunha manifestación nacional o vindeiro día 3 de marzo, en Compostela, con saída ás 12:00 horas da Alameda.
Laura Arjonilla, que presentou a campaña, lembrou o contexto político, social e económico actual e sinalou que as organizacións que botan a andar esta campaña consideraron que este era o momento para mobilizarse de forma conxunta “en defensa do dereito ao traballo, á igualdade e os servizos sociais públicos, contra a destrución social e cultural que estamos a vivir e, fundamentalmente, contra a lacra da corrupción”.
Arjonilla chamou a unir forzas para darlle continuidade no tempo a esta campaña que agora se inicia porque “é necesaria unha ruptura co actual sistema e para iso hai que saír á rúa para denunciar a corrupción, en defensa dos dereitos da cidadanía, dos dereitos das mulleres, que tamén están a ser recortados, e pola soberanía nacional. Unha reclamación que debe ser central”.
Xunto a iso, lembrou que o proceso iníciase agora pero “está aberto a todas as organizacións e movementos que poidan compartir estes obxectivos” e insistiu na importancia de que se unan “para que toda a cidadanía galega faga parte para poder mudar o actual estado de cousas”.
Xulio Vicente, da Plataforma de Afectados polas Preferentes, explicou que se demanda un cambio de modelo social porque o actual está “caduco, defende os intereses do capitalismo e está corrupto”. Así lembrou a situación que se está a xerar por mor dos desafiuzamentos,“vulnerando de forma brutal a Constitución” ou das preferentes, para o que só obteñen como resposta que “nos teñen que roubar os cartos porque senón Bruxelas non lles dá os miles e miles de millóns de euros necesarios para sanear a banca”. Do mesmo xeito, denunciou os recortes que están a padecer servizos públicos esenciais como o ensino público e a sanidade e que “aquí a cidadanía se está empobrecendo día a día e cando os movementos sociais saen á rúa cando se deixa ás familias sen casa o propio sistema utiliza as forzas da orde para reprimilos”. Fronte a isto, asegurou que“o poder pode roubar, sexa o sr. Bárcenas, sexa a Casa real, pero os que realmente rouban e empobrecen o noso país teñen o sistema que os defende e aí as forzas da orde non actúan”.
Pola súa banda Mirian Rodríguez, tamén da plataforma de afectados polas Preferentes, fixo un chamamento á sociedade para que se sume a estas mobilizacións comarcais e á nacional, “a prol dos dereitos nos que todos e todas estamos implicadas, porque todas estamos afectadas”. E fixo un chamamento á unidade “para mudar este sistema caciquil”.

Soberanía nacional
As organizacións políticas convocantes articularon esta alianza para producir un novo proceso que permita“recuperar os nosos dereitos políticos, económicos, sociais, lingüísticos e culturais como pobo”.
Subliñan que esta é a base para que “non teñamos que emigrar para gañar a vida, que non sexa posíbel sufrir un desafiuzamento, que as mulleres e homes que viven e traballan en Galiza, con independencia da súa situación administrativa, teñan acceso libre aos servizos públicos da nosa sociedade” e manifestan que non haberá dereitos, liberdades e soberanía nacional “se non sobardamos os estreitos e antidemocráticos muros deste réxime e damos carta de natureza ás prácticas da democracia participativa e directa”.

Lugares e horas das concentracións de mañá venres:
A Coruña: Ás 20:00 horas, na subdelegación do Goberno
Compostela: Ás 20:00 horas diante da sede do PP en Alfredo Brañas
Ferrol: Ás 20:00 horas, diante da sede do PP
Lugo: Ás 20:00 horas, diante da sede do PP. Rúa poeta Ramón Cabanillas esquina rúa
Doutor Gasalla.
Ourense: Ás 20:00 horas, diante da sede do PP.
Pontevedra: O martes 26, ás 20:30 horas na Praza da Peregrina.
Vigo: Ás 19:00 horas, na Farola de Urzáiz.