quinta-feira, 30 de agosto de 2012

Todas e todos con Barillas ! (Guatemala)





Unha plataforma de mulleres da cidade teñen organizado a presente acción que partindo da Plaza de Maria Pita percorreu diversas ruas da cidade para rematar no Parrote diante da vivenda do ex-Alcalde Francisco Vazquez antigo socio dos irmans Castro Valdivia da empresa Hidralia Energia.
A Coruña en Loita participou activamente na concentración e respalda plenamente a solidariedade coas mulleres e demais pobladores da localidade de Barillas, Guatemala.

quarta-feira, 29 de agosto de 2012

Non maís pelotazos !


Mañán xoves concentración en apoio a Barillas (Guatemala) 12:00h na praza de María Pita

 


Mañán xoves concentración en apoio a Barillas (Guatemala) 12:00h na praza de María Pita.

En Barillas, municipio ao nordeste de Guatemala, a poboación indíxena esta
vivindo de novo o terror da guerra, una guerra, esta vez vendida como
“desenvolvemento”.
A empresa española Ecoener-Hidralia con sede en A Coruña, esta explotando
os recursos hídricos en contra da vontade expresada das comunidades e do
concello que negou a licenza de construción á empresa.
Para impoñelo seu proxecto, a empresa actúa de maneira ilegal, criminal e
co apoio do exercito, que impuxeron un estado de sitio durante 19 días.
Encarcelacions ilegais, saqueos, terror sexual e violacions.
PARA AS MULLERES A MILITARIZACION PASA POLOS NOSOS CORPOS.
A constante presenza do exercito no territorio, significa ameaza constante
de violación sexual.

ACUDE MAÑA, AS 12h NA PRAZA DE MARIA PITA, A CORUÑA, GALIZA

Mais info en: http://corunha.info/node/679
Evento en FB: https://www.facebook.com/events/421551267881105/

--

terça-feira, 28 de agosto de 2012

O autobus perde 300.000 usuarios dende a retirada do "carril bus"

BNG e EU cargan contra a política de transporte do Concello da Coruña

Redacción | @prazapublica

Algo funciona mal no servizo de transporte público da Coruña. Iso é o que denuncian BNG e Esquerda Unida, que este luns denunciaron a política do goberno municipal de Carlos Negreira neste campo. Os nacionalistas fan fincapé nos resultados económicos da empresa Compañía de Tranvías, concesionaria do servizo, e que en 2011 repartiu tres millóns de euros de beneficios entre os seus accionistas.
O problema é que o Concello lle entregou case oito millóns de euros en subvencións ao prezo, máis so 36% dos ingresos da empresa. O BNG presentará unha moción no vindeiro pleno para esixir a revisión das condicións da concesión do servizo do transporte colectivo urbano. O Bloque denuncia que "por riba de teren beneficios non acometen inversión en anovar a frota, nin I+D+I, nin en criterios e medidas ambientais”.
O problema é que o Concello lle entregou case oito millóns de euros en subvencións ao prezo, máis so 36% dos ingresos da empresa
O BNG lembra que o Concello aprobou recentemente un plan de axuste, solicitando un empréstito de 7,6 millóns de euros para pagar facturas rexistradas entre setembro e decembro de 2011 da Compañía de Tranvías por valor de tres millóns euros. A formación alerta de que esta decisión pode "hipotecar o futuro da cidadanía durante os vindeiros dez anos”.

Pola súa banda, Esquerda Unida culpou este luns "ás desafortunadas políticas en mobilidade do PP" da perda dun cuarto de millón de pasaxeiros nos buses urbanos, que nos últimos oito meses pasaron dos case 13,6 millóns de usuarios até pouco máis de 13,3 millóns, o que supón un descenso do 2%. Esquerda Unida – Os Verdes considera fundamental apostar polo uso masivo do transporte público colectivo paro o cal e necesario facelo competitivo tanto en económica como en calidade e criticou a suba do billete en seis céntimos, pasando de 1,14 a 1,20. Por ese motivo, EU esixiulle ao Concello que estableza unha negociación coa Compañía de Tranvías "para modificar as condicións do contrato de concesión asinado polo PSOE con cláusulas tan lesivas para os intereses dos coruñeses e coruñesas coma beneficiosas para a empresa concesionaria".
EU-Os Verdes pide a recuperación do carril-bus, así coma creación de aparcadoiros disuasorios gratuítos
A formación de esquerdas culpa especialmente do descenso á eliminación do carril-bus e explica que na liña que une Montealto e o Barrio das Flores, unha das máis afectadas por esta medida, o descenso no número de usuarios foi do 8%. EU-Os Verdes pide a recuperación do carril-bus, así coma creación de aparcadoiros disuasorios gratuítos, nas principais vías de entrada na cidade, conectados con buses lanzadeiras cara aos puntos neurálxicos como a zona centro, os polígonos industriais, a universidade e os hospitais.

sexta-feira, 24 de agosto de 2012

Retómanse as concentracións nas comarcas contra o saqueo ao pobo

A CIG reitera que só coa mobilización social se poden reverter estas políticas e demandar un modelo económico e social máis xusto, equitativo e solidario
Coincidindo co Consello de Ministros celebrado este venres convocáronse concentracións en diversas comarcas para rexeitar as medidas antisociais que, desde a súa chegada ao goberno, vén aprobando o Partido Popular. Medidas coas que se está a saquear de forma sistemática ao pobo, mentres se seguen a destinar inxentes cantidades para rescatar aos bancos.
12-08-24 concentracion Ourense 001
Reforma laboral, reforma das pensións, práctica desaparición da negociación colectiva, conxelacións salariais, incremento de taxas dos servizos públicos, suba dos impostos indirectos, incremento da contribución ao abono sanitaria, desaparición do aseguramento universal no sistema sanitario, retirada da cobertura de centos de medicamentos, recorte do FOGASA, máis dificultades para acceder a prestacións ou axudas por desemprego, recorte de dereitos sociais e democráticos, recorte de dereitos e salarios, alén de criminalización das empregadas e empregados públicos... Estas son algunhas das medidas que se veñen impoñendo desde que o PP ao goberno, non hai aínda un ano.
Contra elas e contra as que se aveciñan e para denunciar que fronte a estes recortes se favorece o incremento de beneficios para os chamados “mercados” se concentraron centos de persoas en diversas comarcas de Galiza, convocadas polas organizacións sindicais. Concentracións que se veñen facendo coincidir cos Consellos de Ministros, porque son nestas xuntanzas nas que, a golpe de decreto, se veñen aprobando estas medidas que a CIG denuncia que están a empobrecer e deixar cada vez máis desprotexida á clase traballadora, a pensionistas e a persoas dependentes.
A CIG defende que só coa mobilización social se poden reverter estas políticas e exixir un novo modelo económico e social máis xusto, máis equitativo e máis solidario

quinta-feira, 23 de agosto de 2012

Veciños de Adormideras acudiran a Unesco




El Ideal Gallego
Membros da asociación Atochas-Monte Alto, en representación dos residentes de Adormideras, presentaron un escrito na Xunta para demandar a paralización do PGOM e con iso a posibilidade de construír na canteira que hai na zona. Os veciños solicitaron unha reunión coa Secretaría Xeral de Patrimonio para explicarlle a súa postura e coñecer si a Xunta realmente analizará o plan xeral con “rigor técnico”, como se dixo. “A xente non fíase, porque ao ser dá mesma cor política sempre van chegar a un acordo e se lles vai aprobar todo”, sinalou o presidente da entidade, Alberte Fernández.

O portavoz vecinal tamén confirmou que a comisión de afectados prepara un informe patrimonial para enviar ao Icomos (Unesco) e que teña en consideración a postura dos veciños á hora de recomendar directrices sobre o contorno da Torre de Hércules. Ademais, os veciños reuniranse mañá con concelleiros do grupo municipal do PSOE co fin de analizar a situación do Agra de San Amaro e da canteira.
Dende A Coruña e  Loita apoiamos a sua defensa do noso partimonio.

quarta-feira, 22 de agosto de 2012

O concello do PP prima a seus amigos na hosteleria.




A prensa local recolle o malestar do colectivo empresarial de hosteleria pola instalación das chamadas "Casas Regionales". cercans a medios da extrema dereita, según diversas fontes.
Así mesmo criticase os permisos a Palexco  para a "festa da cervexa".
O presidente da patronal Héctor Cañete denuncia esta situación nos xornais da cidade e mesmo anuncia movilizacións de non poñer fin o Concello a tales practicas, que califica de "competencia desleal", nun momento dificil e autorizada polo goberno municipal do PP que preside Negreira.
Recorda o incumplimento das medidas sanitarias recollidas na normativa e mesmo acusticas e urbanisticas nestos eventos no mes de agosto.
Estes feitos foron denunciados xa en xullo tanto a Sanidade como a Turismo da Xunta para que ordeasen as inspeccions pertinentes. Ambo-los dous organismo remiteron as competencia ao Concello.



segunda-feira, 20 de agosto de 2012

Repudio da masacre de Marikana !





Comunicado.-

As mulleres e homes que facemos parte da coordinadora de loitas A Coruña en Loita queremos amosar publicamente a nosa dor e indignación pola masacre de máis de trinta mineiros e centos de feridos a mans da policía de sudáfrica que non dubidou en disparar os seus fusís contra os traballadores en folga.

A criminal acción da policía non ten outra xustificación máis que o afán do goberno de servir ás multinacionais mineiras que explotan as riquezas do país.
Dende A Coruña, dende Galiza amosamos a nosa solidariedade cos nosos irmáns de clase e as súas familias ante esta brutal acción policial.

Esiximos a condea, polas autoridades do Estado español e da Unión Europea do goberno de África do Sul, o fin de toda acción represiva contra os traballadores en folga e unha investigación imparcial dos feitos.

A Coruña, 20 de agosto do 2012

A CORUÑA EN LOITA.

sábado, 18 de agosto de 2012

Convocados paros en Extel - telemarketing


Convocados paros en Extel.
08.08.12
Despois do éxito da concentración realizada onte diante das portas da empresa Extel, con un corte de tráfico de 45 minutos, Extel continúa coa sua política de agresions contra los traballadores. Inmediatamente despois da concentración, a empresa comunicó o despido duotra compañeira, utilizando ademáis as formas mais humillantes para proceder ao despido.
Diante desta situación, a CGT e a CIG teñen decidido convocar novos paros dunha hora por turno (de 12:00 a 13:00 y de 18:00 a 19:00) o vindeiro día 21 de agosto, para facer frente a estas prácticas degradantes cos traballadores e traballadoras da empresa.

domingo, 12 de agosto de 2012

Que devolvan o roubado ! Nova manifestación onte na Coruña.



Resumo da prensa
Os afectados polas participacións preferentes continúan en pé de guerra. Onte volveron a protagonizar unha nova manifestación de protesta, na que clamaron solucións urxentes para o seu colectivo.
A protesta arrincou ás sete da tarde desde a glorieta de América, fronte ao Palacio da Ópera un lugar inusual, escollido por mor da prohibición do prercorrido inicial pola Delegación do Goberno. A protesta desenvolveuse baixo o lema “Que devolvan o roubado. Non ao corralito”.

Ademais dos propios afectados da comarca da Coruña e a Ferrolterra, á protesta adheríronse outras organizacións como a Federación de Asociacións de Veciños da Coruña e Área Metropolitana, o movemento 15-M, a Plataforma Galega polo Aforro Público, Coruña en Loita, Stop Desahucios, Alcae e Robin Hood, Esquerda Unida entre outras, ademais do BNG, que realizou un chamamento público a participar na manifestación.

Trala protesta de onte, os afectados continuarán concentrándose cada xoves ante a sé central de Novagalicia Banco, xa que rexeitan a vía do arbitraje á que pola súa banda xa se acolleron algúns dos implicados que lograron recuperar o seu investimento.
É de suliñar que a paxina dixital do diario "Publico" adica un espacio en primeira plana e mesmo un video a manifestación,  frente a medios que como a Voz de Galicia que gardan un inesplicable silencio.

Declaración conxunta do SLG, AGA, Verdegaia e Plataforma para a Defensa das Fragas do Eume.



As organizacións SLG (Sindicato Labrego Galego), AGA (Asociación Galega de
Apicultura), VERDEGAIA e Plataforma para a Defensa das Fragas do Eume queremos manifestar públicamente:
1º.-A nosa solidaridade coas persoas vítimas polo Gran Incendio que leva arrasadas maís

de 1000 hectáreas no Barco de Valdeorras e mui en especial con aqueles que tiveron que ser atendidas polos servizos de urxencias sanitarios ou perderon as súas casas e enseres. Tampouco queremos esqueceros veciños e veciñas dos outros incéndios activos en Lugo e en Ourense.


2º.-Denunciar a inoperancia da Xunta de Galicia para preveer e extinguir os incéncios forestais que
se estan a converter nunha autentica praga que esquilma o medio ambiente forestal, produce
grandes perdas económicas e pon en perigo a integridade física das persoas, cada vez con máis
frecuencia.
3º.-Denunciar a política da Xunta de Galicia que aposta por medidas contrarias á explotación
racional do monte e favorece de xeito indirecto a pragas dos incéncios forestais; boa proba desto e a
recente aprobación da Lei de Montes ou o borrador do cultivos enerxéticos forestais.
4º.-Denunciar as políticas da unión europea, goberno central e Xunta de Galicia que tenden ao
abandono do medio rural co peche de explotacións agrarias e gandeiras convertendo esta políticas
nun dos factores fundamentais na expansion dos incéndios forestais e na imposibilidade do seu
control.
5º.-Denunciar a reducción nas partidas orzamentais na prevención e na extinción de incéndios que o
goberno do Sr. Feijoo ven facendo o que conleva menos medios materiais e humans para o control e
a prevención dos incéndios forestais.
6º.-Trasladar a opinión pública que as 4 organizacións decidiron sumar os seus esforzos e criar unha

organización nacional galega permanente que teña como fin vixiar, debater, propoñer, denunciar e

movilizar no intento de forzar actuacións e medidas políticas que rematen dunha vez coa praga
incendiaria que todos os anos asolan Galiza e que nos últimos 40 anos suman tantas hectáreas como
se o territorio galego tivera ardido unha vez na súa totalidade.

7º.-As 4 organizacións facemos un chamamento á sociedade civil e as distintas organizacións
(culturais, deportivas, veciñais, sindicais, políticas, cooperativas, persoas a titulo individual, ….)
para organizarse e movilizarse e presionar as distintas instancias administrativas e políticas para que
dunha vez por todas se tomen as medidas precisas para combater e preveer de xeito efectivo a praga
dos incéndios forestais na Galiza.
TELEFONOS CONTACTOS


PLATAFORMA PARA A DEFENSA DAS FRAGAS DO EUME

Miguel Anxo Abraira 629280565

AGA – Xesus Asorey 630069635
SLG – Isabel Vilalba 608905444
VERDEGAIA – Marga Rubido 620-329369

VECIÑA DA ZONA AFECTADA POLOS INCÉNDIOS Concha Fernádez 635540216

sábado, 11 de agosto de 2012

Hoxe, todos e todas a manifestación !


MANIFESTACIÓN CONTRA O ROUBO DAS PREFERENTES E SUBORDINADAS.
Novo percorrido por mor da prohibición da Delegación do Goberno.

ÁS 19:00 h. CON SAIDA DENDE A GLORIETA DE AMERICA ( Diante do Pazo da Opera)

quinta-feira, 9 de agosto de 2012

Nova concentración da Plataforma das preferentes diante de NGB no Obelisco.

Hoxe, mais de medio centear de persoas afectadas polo timo das preferentes e subordinadas concentraonse diante das oficiñas de NovaGalicia Banco no centrico Obelisco dos Cantons. Estiveron acompañados por membros de A Coruña en Loita e outros colectivos e organizacions políticas.
A Concentración recibiu mostras de apoio e solidariedade das persoas que pasaban pola centrica rúa da nosa cidade, en plena "Seman grande" das festas da Coruña, escoitando as consinas que denuncian a estafa bancaria das chamadas "preferentes e subordinadas" e reclamando solucions, mesmo o procesamento dos directivos bancarios.
Un nutrido grupo de periodistas de radio e prensa estiveron presentes.
Asi mesmo informouse da denegación da manifestación prevista para o sabado pola Delegación do Goberno aducindo "razons de seguridade". Mantense a convocatoria para unha concentración na Plaza de Portugal na mesma data e hora.


quarta-feira, 8 de agosto de 2012

Unha nova loita; os veciños de Monte Alto e Adormideras contra a construccion xunto a Torre de Hercules.




El Ideal Gallego
Parte dos veciños de Monte Alto e Adormideras seguen mostrando o seu desacuerdo coa proposta de construír no contorno da Torre e así o manifestaron-no pleno.
Un grupo dunhas 15 persoas interrompeu onte a alocución de Fernández Prado gritando consignas contra a especulación urbanística. Os veciños, que foron desalojados do salón de plenos ao momento, quéixanse do trato recibido. “A min leváronme para fóra e pedíronme ou DNI, ademais de ameazarme con que me ían denunciar”, relatou o presidente da asociación de Atochas-Monte Alto-Torre, Alberte Fernández, quen afirma que o xefe de seguridade ten cuestións persoais contra a entidade “porque presentou a candidatura á asociación e non saíu elixido”.
Pese á aprobación provisional do PGOM, Fernández asegura que os veciños seguirán organizando accións contra a construción de máis edificios en Adormideras. “Temos outra asemblea ou xoves e intentamos poñernos en contacto coa Unesco ou ou Icomos para expresarlle a nosa preocupación”, indicou Fernández

CONTRA O ROUBO DAS PREFERENTES ! NOVA MANIFESTACIÓN O VINDEIRO DIA 11 DE AGOSTO, DENDE A PLAZA DE PORTUGAL.




REMATAR XA COS DESHAUCIOS !

domingo, 5 de agosto de 2012

Exitosa concentración de repudio as touradas.



Perto de catrocentas persoas acudiron a Plaza de Maria Pita para amosar o seu rexeitamento á celebración de corridas de touros na Coruña e que as memas sexan financiadas polo Concello.
A concentración convocada onte pola plataforma Galicia, Mellor sen Touradas e outras organizacions, denuciou a financiación encuberta a este barbaro "expectaculo" mediante a adaptación gratuita do Coliseum, a asistencia gratuita da Banda Municipal ás corridas ou a promoción da feira en medios públicos.
A concentración pechouse coa lectura dun manifesto pola actriz Lucía Regueiro e a artista Isabel Risco baseado nas protestas antitaurinas realizadas na cidade en 1843.
E de suliñar o escaso seguimento infomativo dos medios impresos locais, agas a Opinión, mentras canles de TV estatais, coma a Sexta, adicaron tempo para dar conta da mesma.