terça-feira, 31 de julho de 2012

Convocan protesta antitaurina para o vindeiro 4 de Agosto



A plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas e Fondation Franz Weber convocan protesta antitaurina para o vindeiro 4 de Agosto, sábado, ás 19h na Praza de María Pita

A plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas, a Fondation Franz Weber coa colaboración da Asociación Animalista Libera e CAS-International veñen de convocar unha protesta antitaurina o sábado 4 de Agosto ás 7 da tarde na praza de María Pita para amosar o rexeitamento da cidadanía ao subsidio sistemático dos festexos taurinos na Coruña por parte do concello, ademáis de denunciar a cesión gratuita de instalacións e medios de titularidade pública.

O Coliseum, a súa adaptación como "praza de tortura" e o seu uso serán servizos gratuitos para os promotores taurinos, ao igual que o traballo da Banda Municipal de Música durante as tres touradas. A aportación pública podería ascender ata os 90.000€ a través destas prebendas indirectas.

Pola contra o 21% da cidadanía está en risco de exclusión social, sen dúbida un gasto moito máis necesario e útil que adicar cartos a fomentar, impulsar e organizar a tortura animal, financiando os regalos de entradas, abonos e invitacións a grupos de presión.
Ducias de colectivos e organizacións xa se adheriron á convocatoria e colaboran coa organización da mesma, no que supón un grande tecido social que xermola contra a celebración de espectáculos violentos cos animais.

Imaxes da manifestación do 28 de xullo. Cortesia da compañeira Chus. Dos cantons a Delegación.








domingo, 29 de julho de 2012

Imaxes da manifestación do 28 de xullo cortesia da compañeira Chus. Preparando a saida.







Cronica da manifestación na Opinión de A Coruña.

Empleados de empresas coruñesas denuncian la precariedad laboral

La movilización convocó a afectados por expedientes de regulación de empleo de Mafecco, Emesa Trefilería e Industrias Caamaño, entre otras

 
 
Afectados por las preferentes protestan, ayer, ante la Delegación del Gobierno en A Coruña. / víctor echave
Afectados por las preferentes protestan, ayer, ante la Delegación del Gobierno en A Coruña. / víctor echave
REDACCIÓN| A CORUÑA Unos 400 manifestantes, entre ellos un alto número de afectados por ERE en empresas de A Coruña y su área de influencia, se congregaron ayer en la Plaza de Pontevedra para iniciar desde allí, a las ocho de la tarde, una marcha de protesta contra las reforma y medidas de ajuste decretadas por el Gobierno que más han repercutido en el mercado laboral.
La plataforma A Coruña en Loita promovió esta movilización, a la que convocó a trabajadores de empresas o fábricas de la comarca que se encuentran en situación de expediente de regulación de empleo. Miembros de las plantillas de Mafecco, Emesa Trefilería, Industrial Caamaño o Isidro de la Cal -toda ellas firmas amenazadas con la pérdida de puestos de trabajo o que ya han sufrido la eliminación de ellos- y también trabajadores de la Torre de Hércules no faltaron a la cita, en la que se escucharon un sinfín de proclamas y cánticos contra el Gobierno central, los partidos políticos y los banqueros.
La marcha tuvo la Plaza de Pontevedra como punto de partida y prosiguió por la calle San Andrés, Rúa Nueva y Los Cantones. El grupo de manifestantes -algunos equipados con silbatos, bocinas, cacerolas y otros instrumentos- se detuvo ante la sede central de Novagalicia Banco en A Coruña, donde profirió gritos contra los gestores.
Ante la Delegación del Gobierno en Galicia, justo tras una parada de la marcha con sonoras protestas frente a la sede del Partido Popular, también hubo un importante foco de tensión. Allí fueron protagonistas los afectados por la venta de participaciones preferentes .

la conclusión del acto, representantes de algunas de las empresas afectadas por reducciones de personal leyeron un comunicado en el que denunciaron la precariedad laboral y alzaron la voz para atacar las medidas del Gobierno y amenazar con más movilizaciones y jornadas de huelga general.

La concentración de ayer se sumó a las que en los últimos meses han tomado las calles de A Coruña como escenario de manifestaciones de ciudadanos contra las decisiones del Gobierno. La última de estas protestas en la ciudad se produce un día después de que los datos de la Encuesta de Población Activa publicados por el INE arrojasen la cifra de 5.693.100 desempleados en España tras el segundo trimestre del año. La cifra de parados en Galicia supera los 275.000. En la comunidad se han destruido en medio año casi tantos empleos como en todo el año pasado.

Los sindicatos han convocado a los empleados públicos y a los ciudadanos a manifestarse mañana día 30 de julio por la tarde en las principales ciudades de Galicia para reivindicar el mantenimiento de los servicios públicos de calidad y defender los derechos básicos de los trabajadores.

Las organizaciones convocantes -CIG, CCOO, UGT, CSI-F, CESM, Omega, Satse, USAE, ANPE, STAJ, CEO, SUP, UFO, AUGC, UniónGC, CGT y USO- han firmado un manifiesto en el que alertan de la "debilitación de los servicios públicos", motivada por "las políticas privatizadoras, los recortes presupuestarios y el ataque frontal a los servicios públicos".
Las movilizaciones tendrán como lema Non ao saqueo do pobo. Hai que impedir que nos arruinen, el mismo que encabezó las manifestaciones del pasado 19 de julio también en las principales localidades de la comunidad.
La marcha de A Coruña comenzará a las 19.30 horas y arrancará esta vez desde la Plaza de Pontevedra. A las 20.00 horas comenzarán las manifestaciones en Santiago, Lugo y Ourense. A las 20.30 lo harán en Ferrol, Vigo y Pontevedra.
"Debemos expresar nuestro contundente rechazo ya que, de no hacerlo, los gobiernos se sentirán legitimados para continuar ejerciendo el poder de espaldas a los derechos como empleados públicos y como ciudadanos", manifiestan los convocantes de esta nueva jornada de protestas.

quinta-feira, 26 de julho de 2012

Protestas dos traballadores e traballadoras da función publíca.

Os funcionarios saen á rúa da Coruña de novo para protestar contra os recortes

Cortaron de novo o tráfico por toda a cidade

CESAR QUIAN
CESAR QUIAN
Os funcionarios volveron a saír á rúa na Coruña de novo para protestar contra os recortes. As concentracións repetíronse en varios puntos da cidade como a praza de María Pita, o Hospital da Coruña, na Delegación de Facenda ou ante o edificio administrativo da Xunta en Monelos, e houbo cortes de tráfico en distintas rúas.
Uns 250 traballadores do Chuac cortaron a estrada das Xubias na concentración desta mañá. Unha pancarta que rezaba «Non aos recortes na sanidade pública» encabezaba a marcha. O atasco orixinado pola protesta chegou á altura dos Castros. Con todo, os empregados do hospital fixéronse ao carón cando chegou unha ambulancia do 061 que trasladaba a un paciente, entre o aplauso dos manifestantes. Ao finalizar a marcha, a comitiva detívose ante a porta do hospital, onde chamaron a concentrarse a todos os funcionarios afectados polos recortes na manifestación do próximo luns 30, ás 18.30 horas.
Na praza de María Pita unhas 150 persoas manifestáronse ante o Concello da Coruña con pancartas e chifres.




Activa campaña pola manifestación do vindeiro sabado 28 de Xullo !

Por todos os barrios da cidade e comarca estanse colando cartazes que convocan a manifestación do vindeiro sabado, ás 20:00 h con saida na plaza de Pontevedra. Desde este espacio de información facemos un chamamento a todas e todos a espallar a información sobre a mesma e acudir a ela.


Cartaz en poste de Zalaeta.

Cartazes e manifesto na Rúa Nova.

Nova concentración da plataforma de afectados polo timo das preferentes de NGB



Hoxe, diante da oficina principal na Rúa Nova de NGB tivo lugar unha nova concentración de afestados pola estafa das "preferentes". Perto de cincuenta persoas corearon consignas contra os banqueiros, o arbitraxe e esixindo a devolución dos cartos estafados por Caixa Galicia/ NBG.

terça-feira, 24 de julho de 2012

Comunicado de A Coruña en Loita.



Contra o paro, despedimentos, EREs e precariedade….
LOITA POPULAR!

A nosa cidade e comarca están a ser duramente afectadas pola chamada crise económica e pola salvaxeaplicación das medidas que recortas os dereitos das traballadores e traballadores.

O que comenzou con un goteo de peches ou EREs agora tórnase un torrente de despedimentos, paro ou precariedade. As deslocalizacións das empresas tanto do téxtil, Caramelo, Mafecco ou das plataformas de tele-marketing, Atento, Sykes. O peche de centos de pequenos e medianos comercios que teñen convertido en rúas pantasmas moitas zonas da nosa cidade, do conflicto en Caamaño, do ERE de Isidro de la Cal, son fiel reflexo da nosa realidade, da dos traballadores e traballadoras de A Coruña e comarca, que en nada se asemella aos bancodelincuentes dos Méndez ou Gayoso que levaron á bancarrota ás dúas maiores caixas do territorio galego mentres encheron os seus petos, ou de empresarios que fan do saqueo en países de América latina o seu novo negocio como os irmáns Castro Valdivia de Hidralia Energia, presuntamente relacionados co asasinato dun dirixente indíxena en Guatemala.

Diante desta situación, semellante a moitos lugares do noso país e do Estado, os políticos da Xunta, mentres recortan axudas á dependencia, continúan a gastar miles de euros no faraónico Gaiás, de  Compostela, ou en encubertas axudas ás touradas, barbaro, cruel e impopular“festexo” alleo á nosa cultura, como faio goberno municipal de A Coruña.

Isto ten que rematar! Non podemos deixar que unha banda de delincuentes con garabata destrúano futuro dos nosos fillos e fillas condeadas asalarios de miseria ou a unha nova onda de emigración masiva.

Non podemos tolerar os milleiros de desempregados e desempregadas da nosa cidade e comarca. Os centos de homes e mulleres que percorren as nosas rúas sen casa, sen futuro.

É por esto que A Coruña en Loita aposta pola movilización, pola visualización dosconflictos, pola unidade e loita dos mesmos. Como a loita dos traballadores da Torre de Hercules ou a recenté manifestación conxunta das traballadoras de Mafecco e dos traballadores de Emesa Trefileria no polígono industrial de Sabón. Ou como a grande manifestación unitaria do pasado día19 de Xullo na que centos de miles de persoas da Galiza fixeron publico o seu rexeitamento ás medidas do Goberno reaccionario de Mariano Rajoy, triste monicreque en mans do FMI e dos mercados de especuladores internacionais.
Non pode haber tregua, non nolo podemos permitir. Por iso, convocamos a tódolos traballadores e traballadoras, desempregados, mozos e mozas, pensionistas e estafados pola banca a participar na manifestación convocada pola nosa coordinadora de loitas o vindeiro sábado 28 de xullo, as 20:00h con saída dende a Praza de Pontevedra.

Folga xeral, xa!

Unidade e loita!

Abaixo ogoberno reaccionario da Xunta de Feijóo e de Mariano Rajoy!

A desobediencia fronte á opresión, xustificase!


Que os gobernantes representen ao pobo e non aos mercados !



A CORUÑA EN LOITA !

sábado, 21 de julho de 2012

CONVOCAN FOLGA XERAL PARA O 26 DE SETEMBRO.




Nos pasados dias  tivo lugar unha xuntanza de das centrais sindicais CC.OO. UGT e CIG para coordinar movilizacions e a negociación colectiva.
A CIG plantexou a sua coincidencia cos sindicatos vascos ELA e LAB, xunto a ESK, STEE-EILAS, EHNE, HIRU, CGT-LKN e CNT,  na convocatoria dunha folga xeral no vindeiro 26 de setembro e mesmo anunciaria a mesma o vindeiro luns 23. CC.OO e UGT manifestaron a necesidade de consultar a nivel do Estado para coordinar posicions.

Unidade sindical contra o ERE en ISIDRO DE LA CAL

A representación sindical manifesta o rexeitamento ao ERE de suspensión aplicado por Isidro de la Cal

A medida, aprobada unilateralmente pola empresa, ten unha duración de 18 meses e afecta a 20 traballadores/as
As organizacións sindicais CIG, COG e CCOO queren manifestar o seu rexeitamento ao expediente de regulación de emprego temporal aplicado por Isidro de la Cal (dedicada á produción e distribución de produtos do mar), aprobado unilateralmente pola empresa, sen vontade de buscar alternativas nin de chegar a ningún acordo coa representación do persoal.
Isidro de la Cal
O ERE, xa aplicado pola dirección, supón a suspensión do contrato durante 18 meses para 20 empregados/as da área de administración, algúns/has dos/as cales levan máis de 35 anos traballando na empresa. A excesiva duración da medida, puntualizan os representantes sindicais, provocará que as persoas afectadas teñan gastado a maior parte da prestación por desemprego á que teñen dereito ao remate do ERE.
Para evitar esta situación, a representación do persoal propuxo á empresa unha rebaixa do tempo de duración até os doce meses e que tivese un carácter rotativo. Proposta que a dirección nin sequera se amosou disposta a valorar. Neste senso, as organizacións sindicais subliñan que polo menos 10 traballadores/as poderían pasar á planta de produción, pero estes postos están ocupados por persoal que a empresa contrata a través de ETTs.
Estes feitos fan sospeitar que as verdadeiras intencións da empresa pasan por irse desfacendo a baixo custe dos/as empregados/as máis antigos e con mellores condicións laborais, para sacar adiante a carga de traballo con persoal contratado a través de ETT.
Por outra banda, quérese denunciar tamén a rebaixa salarial aplicada ao conxunto do persoal que suporá unha perda duns 120 euros anuais para os traballadores/as cun salario de até 15.000 euros, do 4% para aquelas persoas que cobran até 18.000 euros e do 5% para os empregados/as con retribucións até 23.000 euros.
Fronte a isto, CIG-Servizos, COG e CCOO advertiron que tomarán as medidas legais e farán as mobilizacións oportunas para loitar contra esta medida excesiva, que se vén sumar á desfeita laboral que vive o sector industrial da comarca da Coruña.

sexta-feira, 20 de julho de 2012

A estafa das preferentes de NGB. Afectados rexeitan a vía do arbitraxe coa que pretendese dividir as reclamacions.

Os afectados polas preferentes cren "unha burla" a arbitraxe ofrecida por Novagalicia



“É unha burla”.
Afectados polas participacións preferentes de Novagalicia Banco (NGB) rexeitan de maneira rotunda a vía de arbitraxe á que o xoves deron o seu visto e prace o Banco de España e máis a Comisión Europea.
Esa vía desbota completamente a posibilidade dunha solución global para os afectados, tal e como levan reclamando as diversas plataformas constituídas, pero permite a saída desexada pola Xunta e pola propia entidade, que advirte que será “inmediata”. No entanto, a letra pequena é clara. O camiño da arbitraxe queda reducido para unha minoría dos enganados, que sería pouco máis do 10% do global dos afectados, uns 43.000 en toda Galicia.
Polo momento, NGB ten preto de 2.000 peticións neste sentido. Ademais, e tendo en conta as condicións do rescate financeiro, os cidadáns sairían perdendo no troco, a non ser que opten pola vía xudicial, pola que moitos optaron pero que implica agardar moito máis tempo. Mentres, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anuncia que xa a vindeira semana comezará a ditarse laudos arbitrais para "reintegrar" os depósitos a afectados "enganados".
A arbitraxe só afecta a un 10% dos afectados e implicaría que os afectados perdesen cartos
María Barreiro, voceira da plataforma de afectados polas preferentes do Morrazo, teno claro. “É unha burla; unha vergonza que a UE autorice a arbitraxe pero non devolvernos o 100% dos cartos”, asegura, ademais de advertir de que a solución “só serviría para solucionar os casos máis sangrantes, un 10% deles”. “Aí inclúense as persoas moi maiores, os discapacitados, aqueles nos que se demostra que hai sinaturas falsificadas... Ao resto séguennos considerando investidores, seguen considerando que sabiamos o que faciamos e que non fomos enganados, cando non é así”, engade.
"A arbitraxe só se aplicará aos casos máis sangrantes; ao resto séguennos considerando investidores"
Isto non é solución ningunha, senón unha estratexia que semella perfectamente preparada”, insiste Cristina Fernández, voceira da plataforma da Mariña, que desconfía das boas intencións da entidade bancaria. “Primeiro piden perdón e logo acéptanlles a arbitraxe... O seguinte paso que darán será dicir que están facendo todo o posible por arranxar o problema cando en realidade nin arranxa nada nin é unha vía válida para a inmensa maioría”, aclara, argumentando o mesmo que outros colectivos manifestaron noutros medios.
"É unha estratexia preparada; primeiro piden perdón, agora chega a arbitraxe e logo dirán que fixeron todo o posible"
María Barreiro asegura, ademais, que esta solución “é a desexada por Novagalicia Banco e pola Xunta de Galicia porque é a forma máis sinxela de saír do paso”. “Están defendendo unha mentira e as administracións estanse poñendo do lado da entidade en lugar de apoiarnos a nós”, quéixase, tras denunciar que “os dirixentes políticos céntranse en poñerlles as cousas fáciles ás entidades financeiras”. “Estanlle facendo un favor, apoian máis os bancos que o pobo”, di.
Cristina Fernández, do colectivo da Mariña, considera tamén que NGB “ten medo” e que se agarra ao que pode para saír do paso. “Sabe que a xente, en canto recupere os cartos, vai saír correndo da entidade porque todo o que fixeron foi unha vergonza”.
"Era a solución que ansiaban Xunta e entidade", din afectados do Morrazo, que seguirán pola vía xudicial
Os afectados desconfían da imparcialidade dos árbitros “porque os porá a Xunta” e dun proceso que era “o que ansiaban no Goberno e no banco”. Agora, cada plataforma e afectado optará polo que mellore considere, pero desde O Morrazo xa advirten de que presentarán “demandas indiividuais e algunha colectiva”, vistos os precedentes que lle deron a razón a un afectado de Meaño ao que NGB terá que devolver os cartos. “Sabemos que será un proceso longo e pesado, pero non nolo poñen fácil; neste país, os estafadores están por riba dos estafados”, sentencia.

quinta-feira, 19 de julho de 2012

A Coruña: Grandiosa manifestación contra o goberno reaccionario. Imaxes da prensa.




CHAMADO DE A CORUÑA EN LOITA.



Por unha folga xeral indefinida ata acaída do goberno!

Ás últimas “medidas”tomadas polo goberno reaccionario de Rajoy, monicreque da banca internacional, teñen o carácter dunha declaración de guerra total da burguesía que pretende deixar aos traballadores e traballadoras sen dereitos. Non é momento parapactos ou negociacions é preciso derrubar ao goberno e as suas medidas por medio dunha mobilización permanente dos traballadores e traballadoras,  sexan do sector publico ou das empresas privadas.

As rúas teñen que ser a mostra diaria do rexeitamento da dictadura dos mercados, dos bancos, da burguesía.

O Goberno Central, a Xunta de Feijóo,  os partidos corruptos e por suposto a monarquía borbónica, herdeira directa da dictadura xenocida do xeral Franco, son os responsables desta crise económica que agora pretenden arranxar coas “medidas fameadoras”. Mentres os banqueiros que teñen estafado a milleiros de aforradores e outros corruptos amasan grandes fortunas en paraísos fiscais os traballadores e traballadores estamos a sufrir despedimentos masivos, EREs,  paro, desafiuzamentos…

Na nosa cidade e comarca conflictos como á dos traballadores da Torre de Hercules, victimas dunha vendetta do Concello, ou as traballadoras de Mafecco, os traballadores de Emesa Trefileria o de Industrias Caamaño son exemplo desta inxusta situación.

Dende a coordinadora  A Coruña en Loita facemos un chamamento á movilización e mesmo á loita frontal contra o goberno dos banqueiros e seus cans faldeiros no Parlamento galego ou nas Cortes, os mesmos que agora pretenden cínicamente abandeirar as loitas.

Non o imos permitir!

A desobediencia frente á opresión, xustificase!

Abaixo o goberno dos empresarios e banqueiros !

Que os gobernantes representen ao pobo e non aos mercados!



A Coruña,19.07.12

A Coruña en Loita

quarta-feira, 18 de julho de 2012

Todas e todos á manifestación ! Por unha folga xeral indefinida ata a caida do goberno dos banqueiros !

O Grupo Teletech despedirá a 1500 traballadoras e traballadores en todo-lo Estado.

A presente nota foi tomada do boletin on-line da CGT-ATENTO-A Coruña



1500 despedimentos en Teletech coa complicidade de Vodafone e Movistar .
Todo o persoal do Grupo Teletech en España será despedida nos próximos días mediante 1500 despedimentos que a empresa pretende executar en dúas accións distintas: por unha banda anuncian o despedimento de 676 traballadores con contrato indefinido mediante un ERE que presentaron no día de hoxe no ministerio de Traballo. A outros 700 traballadores, aproximadamente, con contrato de obra e servizo, quérenos despedir o 1 de agosto cunha indemnización de 8 días por ano alegando o fin do servizo de Vodafone para o que traballaban.
Estes 1500 despedimentos contan coa oposición frontal dos delegados sindicais de CGT, que asistiron atónitos na mañá do 16 de xullo ás explicacións da dirección da empresa. foi vergonzoso escoitar como alegaban o uso das aplicacións nos teléfonos móbiles (WhatsApp...), para xustificar a disminución do número de chamadas que reciben estas compañías e xa que logo a disminución do traballo.
A situación é moi distinta porque o que en realidade ocorre é que a dirección de Teletech en USA decidiu abandonar o seu negocio en España e esperou á aprobación definitiva da insultante reforma laboral para iniciar esta “pechadura escalonado”
Desde a CGT denunciamos a asquerosa complicidade de Vodafone España e Movistar nestes despedimentos porque van subcontratar estes servizos (que non deixaron de existir, séguense prestando) a outras compañías do sector e non fixeron ningún xesto para ofrecer aos traballadores de Teletech o mantemento dos seus postos de traballo. CGT impulsará e participará en todas a medidas de protesta e loita que se leven a cabo para obrigar a Vodafone e a Movistar a rectificar e a ofrecer a todos os despedidos o traballo que Teletech non lles quere dar e que xa se está rifando entre o resto de empresas do sector. A CGT considera, ademais, que as causas alegadas son falsas dado que a dirección da empresa non negou que as perdas dos contratos foi pola súa propia iniciativa. Os donos de TeleTech recoñecen sen ningún escrúpulo como, logo de anos de subvencións e axudas, abandonan o negocio en España para seguir explotando noutros países a miles de telefonistas. Por todo iso CGT impugnará todos estes despedimentos ante a sala do social da Audiencia Nacional dado que, sen dúbida, son todos fraudulentos.

DESPIDEN A 41 TRABALLADORAS DE MAFECCO !

Onte pola tarde a empresa MAFECCO entregou a 41 traballadoras cartas de despido.  Dende a A Coruña en loita amosamos nosa condea e repulsa por este novo acto de terrorismo da patronal.
As movilizacions das traballadoras tiñan posto en jaque a imaxe da empresa e seu discutido ERE. Agora comenza unha nova etapa na loita destas compañeiras. Estaremos con elas !

segunda-feira, 16 de julho de 2012

A FOLGA DAS TRABALLADORAS DE MAFECCO PASA A SER INDEFINIDA !

Primeira sentencia contra a estafa das preferentes.

Imaxe dunha concentración de repudio diante da vivenda do delincuente J.L. Mendez na Coruña. Octubro do 2011


Por primeira vez despois de meses de loita unha sentencia dun xusgado de Cambados obriga a Nova galicia Banco-Novacaixa, a devolver os cartos, mais os intereses, a un traballador de 54 anos, J.L. Castro, que asinara unha preferente de alto risco sen coñecer o compromiso que implicaba.
Fontes da Cadena Ser aseguran que Novagalicia Banco no recurrira a sentencia e devolvera os cartos ao afectado.


Adiante coa loita !